HomeEconomía570.000€ para a modernización de 29 negocios turísticos da provincia

570.000€ para a modernización de 29 negocios turísticos da provincia

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou esta semana o hotel Alfonso IX de Sarria, un dos beneficiarios das axudas da Xunta destinadas a mellorar os establecementos de aloxamento e restauración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta destina 575.400 euros a colaborar con 29 negocios turísticos lucenses na mellora das súas instalacións, a través da orde de axudas convocadas este ano pola Axencia de Turismo de Galicia para impulsar a modernización de aloxamentos e restaurantes.

Na comarca reciben estes apoios, ademais do Alfonso XI, outros dous establecementos e Sarria e Samos. No conxunto da provincia, as axudas benefician a 16 negocios de aloxamento e 13 de restauración repartidos por 18 concellos.

Villares resaltou que a Xunta traballa de maneira continua co sector turístico “para consolidar en todo o territorio unha oferta baseada na calidade e na excelencia”, con diferentes medidas como estas axudas directas, ás que se destinaron 18 M€ dende o ano 2022.

A convocatoria abrangue distintas accións, como a mellora da accesibilidade e a eficiencia enerxética dos establecementos, a dixitalización dos sistemas de xestión ou a instalación de sistemas de seguridade. Tamén inclúe obras destinadas a aumentar a categoría do establecemento ou a obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística. A axuda pode chegar ata o 60% do gasto, cun importe máximo de 60.000€

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...