HomeEconomíaO concello de Paradela coa colaboración da Xunta fará melloras no centro...

O concello de Paradela coa colaboración da Xunta fará melloras no centro de saúde e na escola de música

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, analizaba recentemente coa alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, os diferentes proxectos e investimentos autonómicos no concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería Presidencia, Xustiza e Deportes vén de aprobar unha achega de 30.000 euros para efectuar distintas intervencións no centro de saúde e en oficinas municipais; e outra de 36.600 euros para o acondicionamento da escola de música. Ambas foron concedidas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental 2026 -liñas competitiva e non competitiva, respectivamente -.

O delegado territorial destaca o impulso á mellora das comunicacións viarias, con actuacións como as que están previstas na estrada a LU-633, no marco dun contrato que acaba de formalizarse esta mesma semana para acondicionar tres vías autonómicas da provincia.

No que respecta á LU-633, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destina 2,2 millóns de euros a actuar en tres treitos diferenciados, entre eles o que transcorre entre Sarria, Paradela e Portomarín – puntos quilométricos 50 ao 84 -. No tocante ás infraestruturas rurais, Villares subliñou que este ano a Consellería do Medio Rural inviste 46.700 euros na mellora de camiños da parroquia de Castro de Rei de Lemos; e preto de 136.900 euros na pavimentación da vía de Grallás, entre Paradela e O Páramo.

O delegado territorial tamén resaltou as accións de fomento do emprego a nivel local. Así, explicou que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia con 454.500 euros o obradoiro Os Soutos II, que se está a desenvolver en Paradela, Láncara e Samos. Esta actividade brinda a 20 persoas desempregadas a oportunidade de mellorar os seus perfís profesionais en actividades relacionadas coa construción e co sector forestal.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...