Homesociedade250.000€ da Deputación para mellorar camiños municipais en Láncara

250.000€ da Deputación para mellorar camiños municipais en Láncara

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de realizar unha visita institucional ao Concello de Láncara xunto ao Alcalde, Darío Piñeiro, na que puxo en valor a colaboración entre ambas administracións para seguir impulsando investimentos que contribúan a mellorar os servizos públicos, as infraestruturas e a calidade de vida da veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto central da visita foi a sinatura dun novo convenio interadministrativo entre a Deputación de Lugo e o Concello de Láncara para acometer novas obras de mellora da rede de camiños municipais. O acordo supón un investimento total de 263.806,80 euros, dos que a institución provincial 250.000 euros. As obras permitirán acondicionar vías nas parroquias de Pedreira, Láncara, Trasliste, Vilar de Toirán, Ronfe e Vilambrán, mellorando a seguridade viaria, a accesibilidade e as comunicacións entre os distintos núcleos do municipio.

Durante a sinatura, Carmela López destacou que “cada investimento que realizamos nos concellos ten un impacto directo na vida das persoas. Mellorar un camiño significa facer máis seguros os desprazamentos, facilitar o acceso ás explotacións agrogandeiras, aos servizos públicos e ás vivendas, ademais de contribuír a fixar poboación no rural”.

Tras a sinatura do convenio, a Presidenta percorreu o Paseo da Estación para comprobar o resultado dos traballos realizados coa colaboración do Parque Móbil da Deputación e cun obradoiro de emprego. A actuación, xa rematada, permitiu acondicionar este espazo público mediante a achega de maquinaria e medios propios da institución provincial, contribuíndo á súa mellora e posta en valor para o desfrute da veciñanza.

A visita continuou nos accesos ao polígono industrial da Pobra de San Xiao, onde a Presidenta coñeceu o proxecto de pavimentación previsto ao abeiro dun convenio interadministrativo da Deputación dotado con 50.000 euros. A actuación permitirá renovar o firme dos accesos á área empresarial, mellorando a seguridade e a funcionalidade dunha infraestrutura clave para a implantación e consolidación de empresas no municipio.

Un novo acceso á praia fluvial da Pobra de San Xiao

A xornada concluíu coa supervisión da nova rúa de acceso á praia fluvial da Pobra de San Xiao, unha actuación executada a través do Plan Deputación 2025 cun investimento de 69.000 euros, dos que 60.000 euros foron financiados pola institución provincial. As obras permitiron humanizar os accesos á área recreativa, favorecendo unha mobilidade máis cómoda e segura tanto para peóns como para vehículos e mellorando a integración urbana deste espazo de lecer.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...