HomeEconomía4M€ máis para as axudas de apoio á transformación e comercialización de...

4M€ máis para as axudas de apoio á transformación e comercialización de produtos agrarios

A conselleira do Medio Rural anunciou esta medida nunha visita á empresa láctea Celega, situada no Saviñao e que foi beneficiaria destas subvencións

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural incrementa en 4 millóns de euros a dotación da última convocatoria de axudas para apoiar investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. A orde publicouse este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG). A liña de achegas para aumentar o valor das producións agrarias pasará de 11 a 15 millóns de euros. Esta convocatoria inclúe ademais, por primeira vez, outra liña dirixida a financiar investimentos con obxectivos ambientais, que saíu cun orzamento de 7,9 millóns de euros.

A titular do departamento, María José Gómez, anunciou este incremento na súa visita á empresa Celega, situada na localidade lucense do Saviñao e que foi beneficiaria destas subvencións. Gómez, que estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, destacou que a través destas axudas ponse de manifesto, con feitos, o compromiso da Xunta coa industria agroalimentaria galega.

O Goberno galego destinou 195 millóns de euros desde o ano 2016 para financiar máis de 600 proxectos de mellora industrial. A maior parte dos beneficiarios destas subvencións pertencen ao sector lácteo e cárnico.

Celega, empresa láctea referente

Gómez puxo en valor que Celega, como empresa láctea, forma parte desa relación de beneficiarios e recalcou ademais a súa base cooperativa. Así, definiuna como “un claro referente no sector”, cun importante volume de compras de leite a produtores galegos, eido no que a conselleira incidiu na importancia da responsabilidade e compromiso das industrias. Nesta liña, salientou que as súas instalacións dispoñen de certificacións en seguridade alimentaria, xestión ambiental, benestar animal e residuo cero.

LA CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL, MARIA JOSE GOMEZ, VISITO LA PLANTA LACTEA DE CELEGA

Celega visita conselleira / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...