HomeEconomíaSeis millóns de euros para concellos do sur de Lugo

Seis millóns de euros para concellos do sur de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, informaba esta semana da achega económica de 21 millóns de euros para os 67 concellos da provincia. A inxección económica para concellos do sur de Lugo ascende a 6.028.240,10 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O Pleno da Deputación aprobaba, este martes, as bases e orzamento do Plan Único 2019 cos votos a favor de PSOE, BNG e PP e co voto en contra do Deputado non adscrito.

Esta decisión supón a inxección de 21 millóns de euros nos 67 concellos da provincia en base á superficie, poboación, taxa de envellecemento e núcleos de poboacionais de cada municipio. Son os criterios obxectivos de distribución de fondos, que supoñen para concellos do sur de Lugo achegas máximas de 500.000 euros para Monforte de Lemos e Sarria, e duns 200.000 para municipios máis cativos como Triacastela.

En cifras, estes son os fondos que recibirá cada concello:

Comarca de Quiroga, Quiroga 342.231,92 euros, Folgoso do Courel 270.922,97 euros e Ribas de Sil 227.565,93.

Comarca de Lemos, Monforte de Lemos 500.000 euros, O Saviñao 372.095,67 euros, Pantón 324.680,78 euros, Sober 317.491,65 euros, A Pobra do Brollón 281.702,27 euros e Bóveda 241.688,79.

Comarca de Chantada, Chantada 455.099,86 euros, Taboada 319.880,36 euros e Carballedo 310.584,95.

Comarca de Sarria, Sarria 500.000 euros, Láncara 290.187,63 euros, O Incio 282.528,84 euros, Paradela 279.178,60 euros, Samos 271.415,00 euros, O Páramo 241.845,62 euros,   e Triacastela 199.139,26 euros.

Campos Conde subliñou que “hoxe é un día de alegría. A aprobación do Plan Único 2019 é a mellor noticia para a provincia, pois achegamos outros 21 millóns para continuar este traballo, inxectando un total de 73 millóns nos 67 Concellos neste mandato só a través do Plan Único”. 

Os Concellos destinarán como mínimo o 50% dos fondos que lle corresponden por este ‘Plan Único 2019’ a novos investimentos. Isto supón que cando menos 10,5 millóns serán para este fin, investimento que todos os anos os municipios deciden incrementar. Outro mínimo de 1,5 millóns é para o financiamento do SAF Básico ou Servizo a Domicilio a persoas non dependentes.

Os concellos tamén poden aumentar este orzamento, atendo ás necesidades dos maiores. O ano pasado fíxose ata os 1,8 millóns. Os restantes 9 millóns poden destinarse a políticas de emprego, actividades turísticas, deportivas e culturais, administración electrónica ou aos grupos de protección civil.

ÚLTIMAS

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...