HomesociedadeRematan as obras de mellora do Cemiterio Vello de Monforte

Rematan as obras de mellora do Cemiterio Vello de Monforte

O rexedor, José Tomé, salienta que, “os traballos chegaron ao seu fin a finais de outubro, tal e como nos comprometemos, co obxectivo de que os monfortinos e monfortinas poidan celebrar o tradicional Día de Santos visitando aos seus seres queridos nas mellores condicións”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación na que se investiron 212.400€, afecta as 80 vías interiores do recinto da Gándara, que son os camiños que vertebran o Cemiterio e que forman parte da rede viaria municipal, xa que as rúas principais, así como as dúas ampliacións levadas a cabo no cemiterio xa contaban con rúas pavimentadas.

A mellora que supón esta intervención “é moi significativa”, destaca o Alcalde, e así o comprobarán as veciñas e veciños que visiten o Cemiterio nos próximos días. En todo caso, o rexedor apuntou que ante calquera deficiencia ou actuación que quedara pendente ou se puidera observar por parte dos usuarios do recinto, mesmo de limpeza, o Concello requeriralle á empresa o arranxo inmediato.

O rexedor incide en que “é a primeira vez que se acomete unha actuación destas características no Cemiterio Municipal”, inaugurado no ano 1903, e explica que a actuación viña motivada porque unha grande parte das vías secundarias estaban sen pavimentar ou con pavimentos realizados en pequenas áreas, sen conexión entre eles, defectuosos, con distintos niveis e deteriorados, o que provocaba humidades e incluso a entrada de auga nas sepulturas inferiores, situación que se resolverá con estas obras.

Mellora integral

As actuacións executadas abarcan unha superficie total de 3.199,50 m², e desenvolvéronse en cinco fases que se corresponden con cinco zonas diferenciadas:

  • Fase 1 (Zona Noreste): con actuacións de mellora en 708,60 m².
  • Fase 2 (Zona Sureste): en 718,60 m².
  • Fase 3 (Zona Noroeste): en 697,70 m².
  • Fase 4 (Zona Suroeste): en 703,70 m².
  • Fase 5 (Zona Sur): en 370,90 m².

Os traballos realizáronse de xeito continuado por fases para afectar o menos posible a actividade do cemiterio e consistiron na explanación do terreo e demolición da soleira actual, coa colocación dun novo firme de formigón. Colocouse tamén unha rigola para recollida de augas pluviais, con sumidoiros conectados á rede de pluviais existente, nas rúas principais.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...