HomeEconomía“A unión fai a forza” di o Conselleiro do Medio Rural en...

“A unión fai a forza” di o Conselleiro do Medio Rural en Taboada

José González, tras visitar a cooperativa Aira no Concello de Taboada, animou ás explotacións agrarias e gandeiras a unirse para ser máis competitivas.

Publicado o

- Advertisement -

O Conselleiro José González, despois de visitar a Cooperativa Aira, exemplo de bo facer e en constante crecemento como ten informado xa Xornal de Lemos, aproveitou para animar aos gandeiros e agricultores galegos a unirse para ser máis fortes e competitivos. Explicou así mesmo que o feito de estar integrado nunha cooperativa, ou en calquera outra solución xurídica empresarial, dá facilidades á hora de negociar factores como os prezos de venda coas industrias ou dos insumos cos provedores.

Segundo explicou González, estes procesos de fusión teñen moito que ver coa reestruturación do modelo produtivo que está a vivir o lácteo galego, baseada na integración daquelas granxas máis pequenas noutras sociedades maiores. Un exemplo do anterior é, engadiu, que preto de 800 explotacións individuais pasaron a integrarase en sociedades nos últimos cinco anos, unha tendencia que permite mellorar a competitividade e que está conseguindo facer medrar a produción de leite en Galicia.

En palabras do responsable da Consellería do Medio Rural, no mes de xaneiro producíronse máis de 231.000 toneladas de leite en Galicia, un 0,56% máis que o ano anterior. Un dato aínda máis destacable se se compara coas cifras estatais, onde a produción baixou máis dun 1,8% neste último mes. No que se refire ao balance anual, a produción de leite en Galicia no 2018 chegou a superar os 2,7 millóns de toneladas, o que supón un incremento do 3% respecto a 2017 e de ata un 5,2% sobre o 2016.

cooperativa aira

Durante a visita á cooperativa establecida no Concello de Taboada, o conselleiro estivo acompañado polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo alcalde do municipio, Ramiro Moure.

José González puxo a Aira como exemplo a seguir afirmando que para ser competitivos hoxe en día cómpre unirse, pois a unión fai a forza no mercado. Lembrou que esta cooperativa naceu da fusión doutras cinco que, á súa vez, xurdiron da unión doutras máis pequenas.

Actualmente, Aira está composta por 2.250 socios que, na súa maioría, se dedican á  produción de leite, aínda que contan con algunhas explotacións de porcino, avícolas e de horta. Contan con 235 traballadores directos e 15 centros de traballo entre almacéns, supermercados, parques de maquinaria, talleres e gasolineiras.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...