O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un obradoiro baixo o suxestivo título de «CONTAS CLARAS: DA FACTURA AO IRPF», unha formación dirixida a persoas emprendedoras, autónomas ou con ideas de negocio interesadas en ampliar os seus coñecementos sobre fiscalidade.
O obxectivo da sesión é tratar cuestións clave coas que se atoparán estes profesionais na actividade por conta propia que desenvolven ou desenvolverán no futuro se teñen en mente iniciar algún proxecto empresarial. Así, pois, abranguerase dende o funcionamento do IRPF, ata as declaracións trimestrais e anuais, os principais modelos tributarios e a organización das obrigas fiscais.
Esta formación dá continuidade ao obradoiro sobre facturación e elaboración de orzamentos celebrado por esta mesma fundación o pasado mes de outubro, ampliando os contidos para ofrecer ás persoas participantes unha visión máis completa da xestión económica e fiscal dos seus negocios.
INSCRICIÓNS E DATOS CONCRETOS DA ACTIVIDADE PARA AXENDA
Inscricións: https://forms.cloud.microsoft/e/CPF42mrv2d Información: arandolfe@accioncontraelhambre.org 648 16 68 48
Data da formación: martes, 1 de decembro.
Horario: de 11:00h a 13:00h.
- Formato: online a través de TEAMS.


