HomeEconomíaO comercio de Sarria prepárase para a ‘Fashion Night’

O comercio de Sarria prepárase para a ‘Fashion Night’

Será o vindeiro 13 de abril, día no que a vila será nunha gran pasarela con modelos afeccionados de toda a comarca e 21 establecementos participantes.

Publicado o

- Advertisement -

Sarria ábrese á moda por quinto ano consecutivo celebrando a “Fashion Night”, evento que organiza a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria, e convertendo a vila nunha gran pasarela para amosar as coleccións de primavera-verán de roupa, calzado, complementos, peiteados, etc.

Nela poderanse ver as coleccións grazas á colaboración de  modelos afeccionados/as de toda comarca, modelos aos que a organización agradece enormemente a súa implicación á hora de botar unha man ao comercio da zona.

Nas catro edicións anteriores o evento foi mellorando e evolucionando, segundo explican dende ACES-CCU de Sarria (Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionales y Autónomos de Sarria), tendo incluso no ano 2016 a oportunidade de acudir a un programa da TVG. Para esta edición decidiuse dar un paso máis e agrupar as diferentes pasarelas de anos anteriores nunha soa, pasarela que estará no Bulevar de Calvo Sotelo.

A Sarria Fashion Night contará ademais con música en directo, que dinamizará o evento en todo momento.

Dende a organización informan así mesmo que contan coa participación xa confirmada de 21 comercios e que o día 13 Sarria será un gran escaparate da moda, un gran comercio para mercar e un gran espazo para pasar unha gran noite de primavera.

comercios participantes

Zapaterías: Barja Shoes, Calzados Gayoso, Calzados Veiga e Cris Abad.

Roupa e Complementos: Cactus Rose, Isabel Moda, La Orquídea, Moncho Moda, Senayo, Trece Tablas, Ultreia e Vilamey Complementos.

Roupa infantil: Colorín Colrado e Píkaros Story.

Mercería: Mercería Lucía e Mercería Sarillo.

Óptica: Óptica Malecón.

Perruquerías: Artelís, Kaxa Estilistas, Peluquería Enredos, e Peluquería Estilo.

ÚLTIMAS

Segunda fin de semana de Mercado de Nadal na Praza de Abastos de Monforte

Ó igual que a pasada fin de semana, o Mercado de Nadal de Monforte,...

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...