HomeEconomía439.000 euros para 30 contratos de perceptores da Risga nos concellos de...

439.000 euros para 30 contratos de perceptores da Risga nos concellos de Monforte e Sarria

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver o programa de axudas polo que se achegarán 1,3 millóns de euros a 29 concellos lugueses para que contraten a 114 desempregados perceptores da Risga

Publicado o

- Advertisement -

Os beneficiarios desta iniciativa serán aqueles perceptores da Risga que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Entre eles, terán preferencia aqueles que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, conten con cargas familiares ou teñan máis de 45 anos.

Os principais concellos beneficiarios do programa nesta provincia son os de Lugo (190.580 euros de achega para 20 contratos); Monforte de Lemos (307.269 euros e 20 contratos); Sarria: (131.557,50 euros para 10 contratos); e Viveiro (99.911 euros e 10 contratos).

Na zona sur da provincia, os datos dos outros concellos beneficiarios son os seguintes:

Nº EXP CONCELLO OCUPACION meses trab.propostos proposto 1ª
1 MONFORTE  DE LEMOS PEONS VARIOS 9 20 307.269,00
2 SOBER PEON OBRAS 9 2 25.111,26
3 PANTON LIMPIADOR 9 2 19.950,30
4 SAVIÑAO PEON 9 3 37.751,67
LIMPIADOR 9 2 19.515,06
5 RIBAS DE SIL PEON LIMPEZA 9 1 10.003,32
6 CARBALLEDO  PEÓN DE OBRAS 9 1 12.025,35
7 POBRA DO BROLLON PEON LIMPEZA 9 2 19.360,26
        33 450.986,22

 

A convocatoria que vén de resolverse presenta como principal novidade a ampliación da duración do contrato apoiado pola Xunta, que pasa de 7 a 9 meses. Outra das novidades é o incremento da contía media concedida por traballador, que aumentará un 35,4%, para un salario medio en torno a 11.467 euros. A Xunta apoia os custes salariais totais -salario e seguridade social- para un máximo do 75% da xornada.

Obradoiros de emprego

O último Consello da Xunta vén de autorizar a convocatoria de axudas para solicitar novos obradoiros de emprego, na que terán preferencia os Concellos Emprendedores (17 na nosa provincia) e que suporán destinar, no conxunto da comunidade, 24,5 millóns de euros entre 2019 e 2020 para poñer en marcha 80 obradoiros.

A través deles, máis de 1.500 desempregados recibirán formación e accederán a un posto de traballo para o desenvolvemento de tarefas que supoñan un servizo en beneficio da comunidade. Dos 24,5 millóns, 3,5 millóns destinaranse a obradoiros específicos para menores de 30 anos; e 21 millóns irán destinados a obradoiros duais, para beneficiar a 1.200 desempregados.

Ao igual que na edición pasada, primaranse os obradoiros do eido forestal e os específicos para mellorar o Camiño de Santiago. Ao respecto dos forestais, cómpre subliñar que esta modalidade dará acceso a certificados de profesionalidade nas especialidades de aproveitamento madeireiro, conservación e mellora do monte, silvicultura, etcétera, un ámbito con crecente demanda de profesionais sobre todo na nosa provincia.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...