Como cada ano por estas datas, dende hai xa trece, Belesar celebra a súa sinxela, pouco coñecida pero fermosa exaltación ao viño e ás cereixas nunha contorna espectacular. Unha cita interesante que propician a Asociación Papeiros e Rabudos e as adegas: Adega Fontao, Adega do Fortes, Adega Terras Bendaña, Adegas Condado de Sequeiras.
Haberá, pois, postos de viño e de cereixas para degustación e compra, actuacións musicais ao longo dos 2 días, postos de olaría, queixo, mel e artesanía. Destacar como cousa curiosa e orixinal o “certame de aturuxos” programado para o domingo ás 17.30 horas.
Programación
Sábado, 2 de xuño
10:00 h: Apertura de stands
11:00 h: actuación do grupo “Os Trespés”.
12:00 h: inauguración oficial da feira.
13:30 h: pregón a cargo da xornalista Manola Porto e entrega de galardóns aos confrades do bo viño de Belesar.
20:00 h: festa-verbena co grupo musical ” Meritxell” de Monforte de Lemos.
Domingo, 3 de xuño
11:30 h: actuación do grupo rexional de gaitas “Río Miño”.
13:00 h: sesión vermú co grupo ” Meritxell” de Monforte de Lemos.
17:30 h: certame de ” aturuxos” (Papeiros e Rabudos)
20:00 h: festa -verbena co grupo ” Meritxell” de Monforte de Lemos.