HomeEconomíaViño e cereixas en Belesar

Viño e cereixas en Belesar

Esta fin de semana ten lugar a XIII edición desta celebración que acolle esta fermosa poboación que ten de veciño ao Miño e presume do mellor de dous concellos, Chantada e O Saviñao. A pregoeira será a xornalista Manola Porto.

Publicado o

- Advertisement -

Como cada ano por estas datas, dende hai xa trece, Belesar celebra a súa sinxela, pouco coñecida pero fermosa exaltación ao viño e ás cereixas nunha contorna espectacular. Unha cita interesante que propician a Asociación Papeiros e Rabudos e as adegas: Adega Fontao, Adega do Fortes, Adega Terras Bendaña, Adegas Condado de Sequeiras.

Haberá, pois, postos de viño e de cereixas para degustación e compra, actuacións musicais ao longo dos 2 días, postos de olaría, queixo, mel e artesanía. Destacar como cousa curiosa e orixinal o “certame de aturuxos” programado para o domingo ás 17.30 horas.

Cartel anunciador 2018.

Programación

Sábado, 2 de xuño

10:00 h: Apertura de stands

11:00 h: actuación do grupo “Os  Trespés”.

12:00 h: inauguración oficial da feira.

13:30 h: pregón a cargo da xornalista Manola Porto e entrega de galardóns aos confrades do bo viño de Belesar.

20:00 h: festa-verbena co grupo musical ” Meritxell” de Monforte de Lemos.

Domingo, 3 de xuño

11:30 h: actuación do grupo rexional de gaitas “Río Miño”.

13:00 h: sesión vermú co grupo ” Meritxell” de Monforte de Lemos.

17:30 h: certame de ” aturuxos” (Papeiros e  Rabudos)

20:00 h: festa -verbena co grupo ” Meritxell” de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...