HomeEn profundidadeO ‘Marketplace’ galego que todo pequeno comercio estaba esperando

O ‘Marketplace’ galego que todo pequeno comercio estaba esperando

A empresa galega CM Stores & Innovative Bussines SLU lanzará “o primeiro mercado online do Estado que vale para calquera Pyme ou MicroPyme”. Será unha plataforma sinxela, ideal para todo comercio que queira dar o salto a internet aforrando custes e preocupándose só da post-venda.

Publicado o

- Advertisement -

Sempre é de agradecer atopar novas que alentan ao optimismo e que nos lembran que a ilusión e a innovación son a semente de calquera proxecto que queira alcanzar o éxito. Unha mostra do anterior atopámola en Taboada, grazas á primicia que nos contou Diego Villar, CEO da empresa CM Stores & Innovative Bussines SLU.

O impulsor de Comercial Mida na súa actual etapa explícanos que a principios de 2021 teñen intención de lanzar “o primeiro marketplace español creado para calquera empresa, pero sobre todo pensado para Pymes ou MicroPymes que queiran dar o salto online”. Coñecedores da crise do pequeno comercio, e vendo os bos resultados que están obtendo na xestión da venda online de Comercial Mida, pensaron en aplicar os seus coñecementos para axudar a emprendedores que queren saír adiante abrindo os seus negocios ao mundo.

Diego Villar

“O primeiro marketplace español creado para calquera empresa, pero sobre todo pensado para Pymes ou MicroPymes que queiran dar o salto online”

“Cando queres empezar no mundo online as dúbidas que asaltan a cabeza son moitas, polo que queremos crear unha plataformas sinxela, sen as complicación de Marketplaces estranxeiros como Amazon ou Ebay. Plataformas que aínda tendo presenza en España teñen outra mentalidade e procesos de xestión que distan moito das necesidades dun pequeno comercio que quere explorar novas alternativas de crecemento”, comenta Diego Villar.

Trátase, pois, dun gran centro comercial virtual que permitirá que pequenos comercios poidan vender os seus produtos sen asumir riscos nin custes iniciais como poden ser a creación de páxinas web -aloxamento, mantemento, etc-, o posicionamento ou incluso cotas fixas que cobran outros marketplaces por entrar. A nova plataforma nace coa vocación de colaborar co pequeno comercio para impulsar as súas vendas, “nós non imos ganar nada se o cliente non gana nada”, di Villar deixando claro que só existirá beneficio para a empresa se o vendedor asociado ten beneficio. E algo tamén moi importante, a plataforma web comercial creada atraerá a gran potencial de clientes coa garantía dunha compra segura e cun amplo catálogo de referencias de todo tipo.

Diego Villar: “Nós non imos ganar nada se o cliente non gana nada”

CM Stores pon a estrutura, o escaparate virtual para que pequenos comercios e empresas poidan subirse ao carro de internet, e estes tan só terán que rexistrarse, publicar os produtos que desexen vender e ocuparse do proceso de post-venda. Como garantía de confianza Diego Villar remítenos aos 15 anos de experiencia traballando no e-commerce e lembra tamén que o ‘modelo Comercial Mida’ avala o éxito desta estratexia de venda online.

Equipo de traballo de CM Stores en Taboada / XdL

O PROXECTO EN TRES SINXELOS PASOS

1-O cliente final atopará diferentes comercios coas súas ofertas na web de CM Stores e formalizará a compra xa a través da mesma plataforma.

2-A plataforma de venda online comunicará a venda ao comerciante e faralle o ingreso da operación tras descontar a comisión correspondente.

3-O comerciante ou praceiro deste mercado virtual encargarase do proceso de post-venda, envío do produto e trato ao cliente.

O equipo de CM Stores, co seu centro operativo de Taboada, está ultimando detalles de toda a loxística que hai detrás da futura plataforma web esperando anunciar o nome e empezar a funcionar a principios de 2021. Este marketplace ‘made in Galicia’, con previsión de dar cobertura a nivel nacional, permitirá incluso aumentar o equipo de traballo nos vindeiros meses.

ÚLTIMAS

72 persoas con contrato laboral grazas ao Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada 23/24, financiado pola Consellería de...

O BNG urxe ao Goberno do PP o arranxo íntegro da LU-651

Iago Suárez lamentou o voto en contra do PP a unha iniciativa que solicitaba...

Teatro para público infantil este 13 de setembro no Multiusos de Monforte

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó segundo trimestre...

Ferran Centelles: “A Ribeira Sacra ten todo o necesario para estar na cima do viño español”

O artigo, titulado Ribeira Sacra - a denominación nun delicado equilibrio, foi publicado o...