HomeEn profundidadeLesións cutáneas que poden axudar ao diagnóstico temperán da Covid

Lesións cutáneas que poden axudar ao diagnóstico temperán da Covid

A localización precoz destas lesións cutáneas “pode alertar nalgúns casos da enfermidade por SARS-CoV-2 e evitar así a propagación do virus”.

Publicado o

POR
Galicia Confidencial
- Advertisement -

“Unha erupción febril ou mesmo unha erupción en estado afebril nas fases iniciais da enfermidade pode ser a única manifestación clínica da covid-19”. Así o afirma un grupo de científicos de Galicia, México, República Dominicana, Arxentina, India e Polonia, que vén de facer unha nova achega sobre as lesións cutáneas causadas polo coronavirus, cuxa rápida identificación pode axudar a un diagnóstico temperán da enfermidade causada polo SARS-CoV-2.

Os investigadores analizaron os casos de 31 pacientes de cinco países (Arxentina, República Dominicana, India, México e España) diagnosticados de covid-19 con múltiples lesións cutáneas. A idade media dos pacientes foi de 45,5 anos, cun rango de 3 meses a 81 anos. A maioría eran varóns (63,60 %).

As lesións detectadas foron clasificadas en sete grupos: manifestacións urticariais no 25,80 % dos casos analizados; pseudodfrieiras (22,60 %), erupcións maculopapulares (16,10 %) –tipo de  erupción cutánea caracterizada por unha zona vermella plana na pel que se cobre con pequenas protuberancias confluentes)–; livedo reticularis de tipo racemosa (12,90 %), petequias/púrpuras(6,50 %); isquemia e necrose (6,50 %) –casos máis graves, nos últimos estadios da enfermidade– e outras (9,70 %), que incluían pacientes cuxas lesións foron agravadas polo tratamento contra a Covid-19.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...