HomeEn profundidadeA doutora Mª José Martín, relatora nun prestixioso congreso sobre cirurxía bucal

A doutora Mª José Martín, relatora nun prestixioso congreso sobre cirurxía bucal

Foi a pasada semana en Girona, onde expuxo un caso clínico de tratamento a unha paciente de 90 anos no transcurso do XXI Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Bucal.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Doutora Mª José Martín, coñecida polo seu labor ao fronte dunha clínica odontolóxica en Monforte, vén de participar como relatora nun encontro internacional sobre cirurxía bucal en Girona. Concretamente foi na XXI edición do Congreso da SECIB, Sociedade Española de Cirurxía Bucal.

Neste encontro de máximo nivel impartiu unha interesante charla sobre un caso clínico que levou consistente na “colocación dun implante inmediato post extracción dun incisivo central por fractura con colocación de provisional e resultados estéticos nunha paciente de 90 anos”. Partindo do estudo no tratamento anterior, e tendo en conta as previsións de aumento da esperanza de vida en España –que indican que no 2040 o 27,40 % da poboación terá máis de 80 anos–, chegou á conclusión de que “a idade non é un factor excluínte de poder ofrecer tratamentos odontolóxicos de implantoloxía de alta calidade estética e inmediatez a xente que sexa octoxenaria”.

Charla de Mª José Martín. Foto cedida.

Entrando en máis detalle na súa exposición, Mª José explicou que “este caso non é frecuente porque en pacientes de terceira idade todo canto hai publicado é máis relacionado con próteses removibles sobre implantes ou arcadas completas sobre implantes próteses fixas ou múltiples implantes”.

ENVELLECEMENTO POBOACIONAL E TRATAMENTOS

En relación aos datos de envellecemento poboacional que se manexan, as persoas maiores de 80 anos sitúanse actualmente por enriba do 6% da poboación mentres que as previsións sinalan que no ano 2040 este colectivo alcanzará o 27,40 %. Mª José interpreta este dato afirmando que “coa calidade de vida que ten esta terceira idade, e que será no futuro un amplo número de pacientes, teremos que facer tratamentos estéticos en xente que chegue cunha saúde bucal excelente a esta idade. Entón, no caso presentado no congreso, relacionei a progresión do envellecemento poboacional en España co aumento de pacientes de máis de 80 anos con gran calidade de vida e que queren seguir sendo xóvenes funcionais que van demandar tratamentos de alta estética. Presentei os resultados nos que se comproba que a evolución de cambios volumétricos na enxiva e no tecido óseo ao longo de tres anos na paciente de 90 anos de idade son semellantes aos que se presentan en revisións bibliográficas de xente xoven”.

as previsións sinalan que no ano 2040 os octaxenarios alcancen o 27,40 % da poboación

A xeito de conclusión, a doutora sinala que “a idade é un factor que si inflúe na osteoxénese pero tamén inflúe se son pacientes que teñen patoloxías previas, medicacións… e en calquera caso a idade non é un factor excluínte de poder ofrecer estes tratamentos de alta calidade estética e inmediatez a xente que sexa octoxenaria”.

XXI CONGRESO SECIB

Neste prestixioso encontro de profesionais da odontoloxía houbo conferenciantes nacionais e internacionais de primeiro nivel, talleres teórico-prácticos onde aprender técnicas cirúrxicas de mans de expertos de fama mundial, sesións de debate na distancia curta con líderes de opinión e debates de tratamentos multidisciplinarios.

Un foro internacional de máximo nivel deseñado para profesionais interesadas e interesados en buscar a excelencia en materias como a cirurxía bucal, a implantoloxía e as técnicas rexenerativas de tecidos duros e brandos.

O congreso, segundo valora a Doutora Mª José Martín, “estivo ben, digamos que hai unha tendencia xeral á odontoloxía dixital con planificación cirúrxica utilizando cada vez máis unha planificación guiada. E non só para a colocación de implantes, se non para técnicas reconstrutivas óseas, faciais… e imos vendo como se vai acortando todo nos tempos cirúrxicos para maior comodidade dos pacientes e para ter unha maior predicibilidade nos tratamentos”.

Abondando no anterior, a odontóloga monfortina comenta que se expuxeron “casos de pacientes moi extremos sen case ósos nos maxilares e como se poden enfocar con colocacións de novas técnicas implantolóxicas. Enfocando o tema sobre todo cara a rexeneración ósea de tecidos, resultados estéticos, planificación dixital en cirurxías complexas e reconstrucción en casos extremos”.

No Congreso, ademais da parte científica programada, tamén se celebrou a asemblea anual da SECIB, participaron outras sociedades amigas da anfitrioa, achegáronse casas comerciais para presentar as últimas novidades tecnolóxicas e tamén serviu de encontro entre compañeiras/os de especialidade.

Foto de familia no XXI Congreso da SECIB en Girona (2024). Foto: Clínica Dra Mª José Martín.

ÚLTIMAS

A Virxe dos Remedios da Ermida con novo enxoval custodiará o solideo que o Papa Francisco lle dedicou

Coincidindo coa inauguración do Museo de Arte Sacra de Castro Caldelas, tivo lugar en...

13 iniciativas do sur da provincia lideradas por mulleres contan con axudas do programa EMEGA

A Consellería de Política Social e Igualdade concede estas axudas para fomentar a posta...

Antía Yáñez presenta “O clan das barbies” este 13 de decembro na libraría Agrasar de Monforte

Dende os seus inicios, a libraría Agrasar aposta por convertirse nun espacio destacado para...

Exitoso concurso de Tapas da Pobra do Brollón: preto de 2000 pinchos vendidos

O XV Concurso de Tapas da Guimaralia, encontro co 'tapeo' que organizaba o Concello...