HomeEn profundidadeColectivo Vermú, o 'almacén cultural' que promove actividades 'con enfoque solidario' na...

Colectivo Vermú, o ‘almacén cultural’ que promove actividades ‘con enfoque solidario’ na cidade de Monforte

Coñecemos como naceu esta asociación e como será o seu novo evento, "II Mercadillo Solidario de Nadal", no Club Fluvial de Monforte este sábado 21 de decembro.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Colectivo Vermú de Monforte, autoconsiderado como “almacén cultural”, é unha asociación de Monforte que desenvolve actividades culturais na cidade. Ademais de por organizar o Mercadiño Solidario de Nadal no Club Fluvial de Monforte, son coñecidos por impulsar outros eventos que foron: “Salvemos A Fraternal” ou “San Xoan nos Chaos”.

Un propósito complementario ao de dinamizar Monforte con actividades culturais é, segundo din, “darlle vida aos barrios e espazos que caeron no esquecemento e a axudar, na medida do posible, a determinadas causas ou colectivos”. E tampouco podemos esquecer que os eventos que impulsan teñen enfoque participativo e solidario pois os fondos que se recadan nas actividades van sempre para unha boa causa.

No evento de dinamización do San Xoán no barrio dos Chaos de Monforte. Foto: Colectivo Vermú.

Este Nadal, repiten colaboración co Club Fluvial de Monforte para levar a cabo o II Mercadillo Solidario de Nadal, que se realizará este sábado 21 de decembro de 11h a 21h. Haberá máis de 40 postos de artesanía, libros, segunda man, comida e bebida.

Novamente cun enfoque solidario, a recadación nas entradas (donativo de 1€/entrada, menores de 16 anos gratis), e na cuota dos expositores (donativo de 4€ por posto participante) serán íntegramente doados a asociacións de carácter asistencial que ofrecen os seus servizos en Monforte: Cruz Roja, Auxilia, Ruliños, Cáritas, Afamon e Albores. Faranse tamén dous Bingos Solidarios, Bingo tradicional e Bingo Musical, con agasallos doados polo comercio e empresas locias de Monforte. Os fondos recadados serán destinados a SOGAPS, (Solidaridade Galega co Pobo Saharaui), unha ONG que trata de dar visibilidade á causa do pobo Saharaui en Galicia e axuda na medida do posible ao seu pobo.

Ambiente no ‘I Mercadillo Solidario de Nadal’ no Club Fluvial de Monforte. Foto: C. Vermú.
Contacontos para a cativada no ‘I Mercadiño Solidario’. Foto: C. Vermú.

Coñecemos máis polo miúdo as orixes e a filosofía deste colectivo da man de Candela, unha das activistas.

Cando se pode dicir que naceu “Colectivo Vermú”?

Naceu no outono do 2023. O noso primeiro evento foi o Mercadillo solidario de Nadal no Club Fluvial de Monforte ese ano.

E con que obxectivo, ou para cubrir que demandas ou carencias dos movementos asociativos xa existentes?

O obxectivo da asociación é o de promover actividades culturais en Monforte que botamos en falta. E de paso que estas sirvan para darlle vida aos barrios e espazos que caeron no esquecemento e a axudar, na medida do posible, a determinadas causas ou colectivos.

Funcionades como asociación, fundación, plataforma… ?

Somos unha asociación pero aínda non puxemos en marcha a captación de socios. Estamos vendo como facelo.

Canta xente forma parte de Colectivo Vermú actualmente?

De momento polo grupo de amigos e voluntarios que participamos na organización dos eventos. Pero estamos vendo como abrila a todo aquel que queira formar parte.

É tan difìcil como se di atopar xente  voluntaria e comprometida para a dinamización social? Quizás sexa a falta de tempo o maior problema ou falta motivación e ilusión por cambiar ou mellorar o mundo?

No noso caso que facemos eventos culturais e de lecer non é tan difícil. Os voluntarios pasámolo ben. Penso que é máis complicado noutros sectores non tan agradecidos que requiren un certo desgaste emocional.

Actividades destacadas que tedes feito ata agora?

Fixemos o Mercadillo solidario de Nadal o ano pasado, no Club Fluvial de Monforte, que repetimos este sábado. Tamén fixemos o festival ‘Salvemos a Fraternal’ para recaudar fondos para axudar a esta histórica sociedade recreativa do Barrio da Estación. E organizamos a tradicional festa de San Xoan do Barrio dos Chaos ante a falta de veciños que a puidesen organizar. E por último, fai pouco, organizamos un Bingo Solidario para recaudar fondos para as vítimas da dana de Valencia.

Bingo Solidario na Fraternal (2023). Foto: Colectivo Vermú.

Repetides a organización  do Mercado de Nadal no Club Fluvial de Monforte despois do éxito do ano pasado. Cando será e como se presenta nesta ocasión?

Será este sábado 21 de decembro de 11h a 21h. Teremos máis de 40 postos de artesanía, libros, segunda man, comida e bebida. Ademais, tamén haberá moitas actividades e música ao longo do día. Para os cativos: Obradoiro infantil, visita de Papá Noel e contacontos. Teremos DJs e Micro aberto para a sesión vermut e Bingo Solidario para a hora do café. E pechamos co concerto de Dinosaurios e o Bingo Musical.

Proxectos de cara ao 2025?

Hai varias cousas en mente pero aínda nada en firme. Si nos gustaría facer un evento similar ao mercadillo de cara a primavera. Pero aínda estamos buscando ubicación e definindo o formato.

ESPAZOS E HORARIOS DO II MERCADIÑO SOLIDARIO DE NADAL

11:00-20:00 h. Mercadiño

PÉRGOLA

11.30-12:30 h. Micro aberto

12.30-15.30 h. Sesión Vermut: Dj Midori y Dj Albanta

18.00 h. Jaunx

19.00 h. Concerto de Dinosaurios

20.00 h. Bingo musical

BAR

11:00-13:00 h. Visita de Papa Noel

11:30-12:30 h. Obradoiro de Manualidades (Trasnos)

15.30-17:30 h. Bingo

18:00 h. Contacontos Musical coa “A Apalpadora” (Velaísca)

ÚLTIMAS

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...