No número 7 da Rúa Comercio, en fronte do Centro do Viño da Ribeira Sacra e moi preto da coñecida Praza España de Monforte, atopamos unha tenda multimarca que destaca, entre outras cousas, polo seu coidado trato ao cliente e por estar ao día nas últimas tendencias. Esa tenda é Doble M.
Partindo de marcas de base como: Pepe Jeans, Tommy Hilfiger, Levis e Ralph Lauren, foron incorporando outras novas ao longo destes anos, amosando con iso evolución e adaptación aos tempos. Fixérono así, di Eduardo Iglesias, “para ofrecer en Monforte produtos acordes ao que toca en cada momento e ao que están ofrecendo outras tendas en cidades grandes”. Ao anterior engade que “a nosa filosofía é un pouco ter moitas marcas e cunha boa selección de produto para poder ofrecer o mellor delas”.
‘DOBLE M’ DESTACA polo seu coidado trato ao cliente e por estar ao día nas últimas tendencias
Outras marcas moi recoñecidas do mercado actual que teñen á venda son: Lacoste, El Pulpo (de orixe galega e moi de moda), Harper & Neyer, Helly Hansen, Replay, Salsa, Geox, Lion of Porches.


Aínda coa ampla oferta xa comentada, dende Doble M están sempre abertos á posibilidade de incorporar novas marcas co obxectivo principal de ofrecer na súa tenda de Monforte o que se leve en cada momento.
TODO O QUE NECESITAS NUNHA SOA TENDA
Outra das avantaxes que teñen é que os seus clientes –home ou muller– poden combinar marcas e vestirse integramente nunha mesma tenda. Á compra, por exemplo, duns jeans, pódeselle sumar unha camisa, un polo ou un xersei, unha cazadora e incluso uns calzóns, calcetíns e zapatillas.



Aínda que non son o seu forte, traballan tamén os complementos, como poden ser: gorros, bufandas, cintos, carteiras ou bolsos e tamén o calzado.
A partir dunha boa relación calidade-prezo calquera pode saír da súa acolledora tenda cun “total look” de diferentes marcas de pés a cabeza.
COIDADA ATENCIÓN AO CLIENTE E FIDELIZACIÓN
Doble M destaca tamén por manter, como parte desa filosofía de local de proximidade, un trato cordial e atento asesorando en todo momento ao comprador ou compradora.
Dende hai anos apostan tamén pola fidelización e comunicar ofertas e descontos aos seus clientes a través de mensaxería móbil, unha iniciativa que lles funciona moi ben. Neste senso, teñen por costume agasallar con 10 € de desconto nos cumpreanos e, ademais, de cada 200 € acumulados xérase un cupón de 15 € na seguinte compra.
O ‘target’ deles é un público de entre 20 e 60 anos e danse moitos casos entre a clientela de vestir a diferentes xeracións dunha mesma familia.
teñen por costume agasallar con 10 € de desconto nos cumpreanos e, ademais, de cada 200 € acumulados xérase un cupón de 15 € na seguinte compra
Co obxectivo de chegar a novos compradores e compradoras, Eduardo Iglesias di seguir traballando con ilusión e novas ideas para “conseguir que as novas xeracións confíen en Doble M como un referente do mundo da moda aquí en Monforte. Que saiban que ao entrar na tenda van atopar o produto que toca en cada momento e que van recibir un trato máis personalizado. Axudamos e asesoramos ao cliente, cousa que se está perdendo algo e é unha das cousas boas do comercio de proximidade”.


LOCALIZACIÓN
En Monforte de Lemos coñécese Doble M porque levan moitos anos, pero no mundo online tamén teñen presenza, xa sexa coa web ou cos perfís de redes sociais. “Seguimos traballando moito o escaparatismo, pero tamén nos promocionamos virtualmente”, resume Iglesias.
DOBLE M está na Rúa Comercio, 7 de Monforte de Lemos (Lugo) Tel. 982 410 891

