HomesociedadeNevaradas e estradas provinciais pechadas por asolagamentos no sur de Lugo

Nevaradas e estradas provinciais pechadas por asolagamentos no sur de Lugo

Os asolagamentos afectaron ás estradas LU-P-3204 en Monforte, LU-P-4703 na Pobra do Brollón e LU-P-0901 en Bóveda. Para combater os efectos das nevaradas que chegaron coa borrasca Leonardo, a institución provincial mantén despregado un amplo dispositivo formado por 48 operarios e 26 máquinas e vehículos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de informar que mantén cortadas este martes 3 de xaneiro seis estradas provinciais e que conta con preto de 90 afectadas pola neve na montaña. Ademais, os efectos da intensa e persistente choiva caída entre a noite e a mañá obrigou á institución provincial a pechar por asolagamentos a LU-P-3204 en Monforte; a LU-P-4703 na Pobra do Brollón; e a LU-P-0901 en Bóveda.

Segundo informan os técnicos, a circulación estase vendo afectada en toda a rede provincial e, por zonas, a cota de neve baixou aos 500 metros. Nese sentido, a peor parte das nevaradas está a afectar á comarca da Montaña, sendo os concellos máis afectados no sur de Lugo: Folgoso do Courel, O Incio, Quiroga, Ribas de Sil, Samos e Triacastela. Nas zonas máis altas destes municipios fálase de que hai acumulada entre 10 e 20 centímetros de neve.

Tellados nevados en Meiraos, aldea de Folgoso do Courel. Foto: Jesús.

Ademais, en Pedrafita do Cebreiro a circulación na LU-P-1301, que é a que conecta este concello con Seoane de Courel, estivo interrompida á altura de Pacios pola caída dunha árbore, aínda que pola tarde quedou xa expedita e libre para a circulación.

LU-P-1301 á altura de Pacios. Foto: Deputación de Lugo.
OPERATIVO INVERNAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO

O operativo invernal mobilizado contaba este martes con 48 operarios e 26 máquinas e vehículos: 10 quitaneves, 8 pick ups con cuña e saleiro, e 8 vehículos todoterrenos para resolver as diferentes incidencias.

Estes medios foron fundamentais, refire a institución provincial, para garantir o transporte escolar e abrir paso ao persoal dos servizos sociais, que en moitos casos levaban comida a domicilio para persoas maiores que viven na montaña

ÚLTIMAS

Tabodada celebra o 14 e 15 de febreiro, a Festa do Caldo de Ósos que pregoa Mercedes Vázquez de Televinte

O día central da celebración será o domingo día 15, coa degustación popular desta...

O 4 de febreiro actívase a reserva de prazas das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra que comezan o 19 de marzo

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a...

Puramel Sacra premiada nos Paris Honey Awards

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría,...

En Pantón xúntanse os homes este 3 de febreiro e o 5 Teatro Interxeracional

O Concello de Pantón desenvolve un Obradoiro de Teatro Interxeracional dentro das actividades do...