HomeMedio ambiente e PatrimonioOs viños da Ribeira Sacra participarán no Mondial des Vins Extremes

Os viños da Ribeira Sacra participarán no Mondial des Vins Extremes

Trátase dun certame que reúne denominacións de orixe de viticultura heroica ou de montaña.

Publicado o

- Advertisement -

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará no certame Mondial des Vins Extremes, organizado polo CERVIM (en italiano, Centro de Investigación, Estudos e Valorizaciónda Viticultura de Montaña). Este encontro terá lugar no Val d’Aosta, unha rexión montañosa do norte de Italia, entre o 11 e o 13 de xullo.

O Mondial des Vins Extremes é o certame internacional máis importante no ámbito da viticultura heroica ou de montaña. As condicións que deben cumprir as denominacións para que os seus viños participen son que os viñedos estean nunha altitude superior aos 500 metros e teñan unha pendente do terreo superior ao 30% e o sistema vitícola de cultivo sexa en socalcos ou terrazas.

O obxectivo do CERVIM é dar a coñecer e poñer en valor a produción enolóxica destes lugares e salientar as características única destes viños. A D.O. Ribeira Sacra presentará 44 mostras de tintos e 7 de brancos de 35 adegas nun certame que servirá como trampolín internacional para estes viños.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...