HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelO Courel, escenario dun seminario de conservación do oso pardo

O Courel, escenario dun seminario de conservación do oso pardo

"A conservación de grandes carnívoros en áreas de expansión: O caso do oso pardo na Serra do Courel" é o título dunhas xornadas que se desenvolverán entre os días 4 e 6 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

A Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Fundación Oso Pardo, organizaron un seminario sobre a conservación do oso pardo. Terá lugar entre os días 4 e 6 de setembro na Estación Científica do Courel, e nel analizaranse os retos aos que se enfronta esta especie no territorio da serra, así como o papel das administracións e o efectos que produce a súa presenza no rural.

O seminario, que ten unha estrutura práctica e divulgativa, leva por título “A conservación de grandes carnívoros en áreas de expansión: O caso do oso pardo na Serra do Courel” e foi organizado no marco do programa europeo Life Oso Courel e conta co apoio económico da Deputación de Lugo.

Estas xornadas están dirixidas aos habitantes das serras orientais de Lugo e Ourense, así como a profesores e estudantes de diversos niveis educativos, segundo indicaron dende a organización. Doutra banda, tamén se pretende que formen parte del “todos os profesionais implicados en tarefas de conservación da natureza“.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...