HomeMedio ambiente e PatrimonioVoluntarios/as internacionais para traballar no Castro de San Lourenzo

Voluntarios/as internacionais para traballar no Castro de San Lourenzo

Participan na segunda edición do campo de traballo arqueolóxico que se realiza no castro e que está financiado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

O equipo de arqueólogos que traballa no Castro de San Lourenzo en Cereixa contará con 14 persoas de diferentes nacionalidades que axudarán en labores arqueolóxicos e tamén colaborarán na organización da Romaría de San Lourenzo.

O grupo de voluntarios/as está integrado por dez españois de diferentes puntos do estado, un francés e tres rusas, mentres que no grupo de monitores hai dous galegos e unha brasileira. Baixo a dirección de Xurxo Ayán, os participantes coñecerán de primeira man o método de excavación na área da igrexa e camposanto medievasi do castro e tamén levarán a cabo labores de limpeza e procesamento de materiais.

Ademais destes traballos, puramente arqueolóxicos, o grupo de voluntarios/as participará na organización da Romaría de San Lourenzo do vindeiro sábado 10 de agosto, e dedicarán o seu tempo libre a coñecer a contorna e lugares emblemáticos do concello como a Cova das Choias e as Adegas de Vilachá.

O alcalde, Xosé Lois Maceda, valora moi positivamente a presenza dos participantes no campo de traballo, non só pola contribución á excavación do castro senon tamén porque “ofrecen outras perspectivas e axudan a promover a riqueza patrimonial que temos na Pobra do Brollón, ademais do gasto considerable que se crea nos negocios locais como na hostalería durante os días que pasan aquí”.

Os voluntarios/as teñen entre 18 e 30 anos e rematarán a súa colaboración o 14 de agosto.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...