HomeMedio ambiente e PatrimonioDemándase debate social nas propostas de Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra...

Demándase debate social nas propostas de Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e serras de Iribio e Courel

As candidaturas de Por un interior galego vivo solicitarán á Xunta, reunións en cada Concello integrado na candidatura Reserva da Biosfera, das que participen grupos municipais, asociacións e axentes sociais e económicos.

Publicado o

- Advertisement -

A zona delimitada como proposta de Reserva da Biosfera engloba os concellos que integran o Xeoparque Montañas do Courel, máis os Concellos de Triacastela e Samos (Iribio) e O Incio, así como os incluídos no BIC Ribeira Sacra máis Sarria, aínda que non se inclúe a zona do Bibei ou o Val do Navea, nin Montederramo.

O núcleo da reserva serían as Zonas de Especial Conservación xa existentes, así como o Espazo Natural de Interese Local Loio-Ruxidoira, Os Ancares-Courel, Río Cabe, Canón do Sil, Monte Faro

As Reservas da Biosfera pretenden “conciliar e consolidar a conservación da natureza e o desenvolvemento económico e social”, algo que segundo Por un interior galego vivo,  “malamente se pode acadar sen a implicación da poboación local e se se continúa o desleixo das Administracións cos servizos públicos e sectores produtivos do territorio, especialmente no que ten que ver co sector agrogandeiro ou co ferrocarril”.

Consideran que a candidatura non desenvolve os retos socioeconómicos e demográficos aos que se enfronta a cidadanía destas comarcas e cren que se ofrece unha visión optimista do desenvolvemento acadado, esquecéndose do despoboamento e o avellentamento da poboación. Sinalan que a candidaturatampouco afonda nos retos medioambientais aos que se enfronta o territorio como “a contaminación dos ríos Pesqueiras e Enviande, as toneladas de lixo verquidas ao Sil en pleno canón ou os parques eólicos en Paradela e serra do Iribio ou a contaminación e falta de capacidade depuradora para o río Cabe.”

Por un interior galego vivo entende que para traballar e mellorar un territorio tan extenso é necesario un coñecemento real da situación por parte da Xunta e cre que a inversión destinada ao plan de xestión, 450.000 euros anuais, non é suficiente e que son necesarias políticas reais de conservación da natureza.

A Reserva da Biosfera prevé un Foro de Participación que entenden será bastante limitado. Por todo o anterior, as asembleas locais das distintas candidaturas de POR UN INTERIOR GALEGO VIVO traballarán en achegas ao documento presentado pola Xunta, que incluirán a proposta de erradicar os eucaliptos na zona, deter parques eólicos en Rede Natura ou apostar polo Parque Natural no Courel, así como aumentar a contía anual para o Plan de Xestión.

Candidaturas Por un interior galgo vivo / Por un interior galego vivo

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...