HomeMedio ambiente e PatrimonioXornadas de bioconstrución centradas na arquitectura autóctona

Xornadas de bioconstrución centradas na arquitectura autóctona

Desenvolveranse os días 13, 14 e 15 de setembro na Finca San Xoán de Tor, anexa ao Pazo de Tor en Monforte, están organizadas por 'Espiga, Asociación galega para a bioconstrución', e nesta VI edición xirarán ao redor da arquitectura vernácula e os seus oficios.

Publicado o

- Advertisement -

O interese da asociación organizadora para impulsar estas xornadas é o de visibilizar, apoiar e reunir nun gran evento aos profesionais existentes no eido da bioconstrución e concienciar á sociedade dunha construción máis responsable dende o punto de vista social, cultural ou ambiental.

O tema deste ano é a arquitectura vernácula e os seus oficios entendendo dende a organización que a base da bioconstrución é a arquitectura autóctona, unha arquitectura onde prima o uso de materiais locais, o coñecemento do lugar a nivel topográfico, climático e cultural, as técnicas tradicionais, o xeito de vivir… un legado en moitas ocasións esquecido e non respectado en algunhas intervencións actuais.

Haberá interesantes conferencias contando, por exemplo, o sábado pola mañá coa presenza de Fermin Font, especialista no sistema construtivo da tapia, da terra compactada. Pola mañá dará unha conferencia sobre a técnica e pola tarde realizarase unha mostra. Outros nomes destacables nas xornadas son Luís Prieto e Manuel Navarrete, ambos premios Nacional Richard H. Driehausa ás Artes da Construción.

No programa, ademais de charlas, táboas redondos e obradoiros, proxectarase un documental o venres 13 pola noite, haberá xogos tradicionais –bolos celtas- e un concerto musical o sábado 14 de setembro ás 23:00 h.  O evento realizarase no Pazo de Tor –a uns 8 quilómetros preto de Monforte- onde haberá zona de acampada libre, a posibilidade de gozar de “eco-comidas” e actividades para os pequenos.

A asociación a Espiga anima a construtores, institucións e interesados na materia a participar nas xornadas. Segundo eles “será un bo punto de encontro para aprender, debater e reflexionar sobre a conservación dos muros que conforman unha boa parte dos inmobles do val de Lemos”.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...