HomeMedio ambiente e PatrimonioJulio Álvarez, alcalde de Quiroga, apunta á intencionalidade do lume da parroquia...

Julio Álvarez, alcalde de Quiroga, apunta á intencionalidade do lume da parroquia de Hospital

O rexedor quirogués amosouse convencido este luns de que este gran incendio, que se atopa xa controlado tras queimar máis de 150 hectáreas, foi intencionado.

Publicado o

- Advertisement -

O rexedor puntualizou que ese foco “provocado” acontecía na súa propia parroquia, en Hospital, e baséase para chegar a esta conclusión en que o lume comezou “á beira dunha pista e ía con toda a mala intención do mundo”.

Iso respecto a este primeiro incendio, o máis devastador da fin de semana que finalmente se deu por controlado na tarde do domingo, mentres que outro na parroquia de Enciñeira afectou a máis de 52 hectáreas e tamén quedaba controlado na mesma xornada. En canto a este segundo lume, o alcalde de Quiroga dixo descoñecer se foi ou non intencionado.

Álvarez tamén insistiu en eloxiar aos servizos contra incendios da Xunta de Galicia, pois segundo comentou foron quen de atallalos en lugares diferentes do municipio e telos controlados en 24 horas.

“Hai que agradecerlle e sobre todo felicitar ao servizo de extinción de incendios da Xunta polo traballo extraordinario e case máxico que fan”, expresou finalmente.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...