HomeMedio ambiente e PatrimonioO Incio 'ponse as pilas' no desbroce das parroquias

O Incio ‘ponse as pilas’ no desbroce das parroquias

As brigadas do Seaga rematarán nos vindeiros días os traballos de desbroce nas faixas secundarias no núcleo de Calvos e na parroquia de Toldaos.

Publicado o

- Advertisement -

Os desbroces estanse a levar a cabo en aldeas priorizadas despois de asinar un contrato cos donos a un custe de 350 euros/ha (prezo da taxa) cada tres anos, unha modalidade de xestión da biomasa na que a Xunta de Galicia realiza eses traballos a un custe moi asequible para os propietarios e as propietarias.

Lembramos que os propietarios e as propietarias de fincas situadas a menos de 50 metros dos núcleos rurais teñen a obriga legal de mantelas limpas e desbrozadas co obxectivo de protexer ás aldeas dos incendios forestais.

Finca de Calvos antes de ser desbrozada. Foto: Prensa Concello do Incio

No Concello do Incio hai tres parroquias nas que se acometerán estes traballos: Foilebar, Toldaos e Vilasouto. A maiores, está previsto que o núcleo de Trascastro forme parte das aldeas modelo que promove a Xunta en defensa contra os lumes.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...