InicioMedio ambiente e PatrimonioCoñecendo o Xeoparque Montañas do Courel da man da Deputación de Lugo

Coñecendo o Xeoparque Montañas do Courel da man da Deputación de Lugo

A actividade está dirixida aos escolares do CEIP San Clodio, de Ribas de Sil, que coñecerán de preto un dos lugares que forma parte dos segredos e curiosidades que agocha este territorio con distintivo da Unesco.

Publicado o

- Advertisement -

O xoves 26 de setembro, co gallo da celebración do Día Mundial do Turismo, a Deputación de Lugo organiza unha actividade para os máis pequenos no Xeoparque do Courel. Un xesto que servirá para recoñecer as actuacións exemplares que se desenvolven neste enclave e para promover ao máximo as posibilidades educativas do patrimonio que temos na nosa contorna.

Será unha actividade dirixida aos escolares do CEIP San Clodio, de Ribas de Sil, que coñecerán de preto os segredos e curiosidades que agocha este lugar con distintivo da Unesco.  Asistirá a Deputada de Promoción do Territorio, Pilar García Porto; o alcalde de Ribas de Sil, Miguel Sotuela, e diferentes membros do equipo de goberno deste concello.

Os escolares participantes farán a pé un treito da coñecida ‘Ruta da Cubela’, partindo de Castro de Abaixo e seguindo as explicacións do arqueólogo Iván Álvarez Merayo. Os rapaces e rapazas achegaranse ás paisaxes do Canón do Sil, ás pegadas da minería romana, á arquitectura tradicional e á vexetación dende outra óptica, poñendo o foco nas características especiais que lle outorgaron a estas terras -pertencentes aos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel- a distinción de Xeoparque Mundial.

A Deputación agasallará aos rapaces con mochilas institucionais e diferente material escolar, entre o que se inclúe o caderno ‘Coloreando a provincia de Lugo’, editado pola institución provincial, co obxectivo de que coñezan dun xeito máis dinámico as potencialidades turísticas do territorio lucense. Trátase dunha obra de Paula Mayor que permite facer un percorrido polos diferentes activos patrimoniais, culturais e turísticos a través de preto de 60 ilustracións.

A deputada de Promoción do territorio e Turismo, Pilar García Porto, lembrou o recoñecemento do Xeoparque Montañas do Courel como ‘Xeoparque Mundial da Unesco’ e púxoo como exemplo do bo facer para aproveitar o potencial turístico e para xerar oportunidades que axuden a fixar poboación no medio rural.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...