InicioMedio ambiente e PatrimonioIndustria paraliza todas as obras do parque eólico da Serra do Oribio

Industria paraliza todas as obras do parque eólico da Serra do Oribio

A decisión prodúcese logo de que o TSXG ordenara á Xunta a paralización do acordo firmado en Consello de Goberno sobre as autorizacións á empresa do parque.

Publicado o

- Advertisement -

A organización ecoloxista Adega informou de que, como parte interesada no expediente do Parque Eólico Serra do Oribio, acaba de recibir unha comunicación da Dirección Xeral de Enerxía e Minas na que se comunica a suspensión provisional de todas as actuacións administrativas relacionadas con ese proxecto desde 2007.

Esa suspensión inclúe, segundo sinala esta organización ecoloxista nun comunicado, “a autorización do parque, a súa declaración de utilidade pública, a inclusión no réxime especial e a resolución de recoñecemento da modificación non substancial”.

Ademais da suspensión de todos estes actos administrativos, Industria acordou “paralizar todas as obras do parque eólico“, promovido pola empresa Fergo Galicia Vento.

Adega aclara que esta resolución se produce como consecuencia do recente auto emitido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que paralizou de forma provisional varios permisos outorgados para a construción do parque ata que sexa aprobada unha nova declaración de impacto ambiental.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...