HomeMedio ambiente e PatrimonioSinaturas para amosar o rexeitamento aos vertidos ilegais

Sinaturas para amosar o rexeitamento aos vertidos ilegais

A Asociación Cultural Segredos de Pantón vén de activar unha campaña de recollida de sinaturas como paso previo para tentar poñer solución ao problema dos puntos de vertidos ilegais no Concello de Pantón.

Publicado o

- Advertisement -

Este pasado venres 25 de outubro comezaron a recollida de sinaturas co obxectivo de que se proceda á limpeza dos puntos negros de depósito de lixo ilegais que hai en plena natureza e tamén para demandar unha mellora do propio servizo do Punto Limpo.

Con esta acción queren poñer en evidencia a necesidade de actuar “para así reflexar a necesidade destas demandas pola propia voz do pobo”.

Residuos que deberían estar no Punto Limpo. Foto: Segredos de Pantón
Garrafas de plástico tiradas no monte. Foto: Segredos de Pantón

Todas aquelas persoas que queiran asinar e apoiar esta causa poderán facelo nos seguintes lugares:

En Pantón: 

-Panadería Tarrazo, Rúa Ourense 12.

-Panadería Chimpa, Rúa Ourense 81.

-Local Social Santa María de Tuiriz, Lugar Piñeiro s/n.

-Café-Bar París, Rúa Ourense 63.

-Tenda Rosal Moda, Rúa Ourense 36.

-Asesoría O Castro, Rúa Ourense 36.

En Monforte de Lemos:

-Ferretería Cachaldora, Rúa Doutor Casares 22.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...