InicioMedio ambiente e PatrimonioQue lles estamos facendo aos nenos na nosa sociedade?

Que lles estamos facendo aos nenos na nosa sociedade?

Durante o confinamento nas casas, antes das medidas de alivio, ¿que sentido vos tiñan a Liberdade e a Natureza? Dous conceptos intrínsecos ao ser humano e dos que o estado de alarma nos alonxou, pero canto de liberdade e natureza tiñamos antes nas nosas vidas?

Publicado o

- Advertisement -

Se crises como estas chaman a cambios, pensar nos cidadáns do futuro parece un tema a ter en conta. Entre os 0 e os 6 anos as nenxs forman as súas características básicas como individuo, a educación infantil é fundamental, pero que educación?

Galicia conta con 3 centros de aprendizaxe activo na natureza. Nestes espazos, os nenos de ata 6 anos, idade ata a que non é obrigatorio escolarizalos, aprenden en liberdade e nun entorno natural. Na próxima entrega coñeceremos como traballan cxs nenxs este tipo de centros, pero comezamos achegándonos a orixe dun destes espazos  para coñecer como xs nenxs, eses seres que algúns case non coñecían ata que chegou a Covid19, son seres con criterio e capacidade de acción no seu proceso educativo. Eses nenos, os máis pequenos que xunto cos máis maiores son os máis imcomprendidos nesta crise.

No 2011 unha parella galega apaioxoada pola educación viaxa a África coa Campaña Mundial pola Educación. A Campaña facilitaba unha morea de contactos de proxectos educativos nos diferentes países, o demáis era vontade dos viaxeiros. Estes viaxeiros para ver o máis posible e gastar o menos posible viaxaron en moto desde Galicia ata Sudáfrica. Unha aventura de 8 meses para coñecer proxectos educativos e interactuar cxs nenxs doutras culturas onde os medios educativos son limitados ou directamente inexistentes.

Noa Fernández e José Collazo

Desa experiencia a parella trouxo material fotográfico co que fixo unha exposición e, en principio aí quedou a cousa. Pero unha viaxe de 8 meses co posto e en contacto constante coa infancia fai que algo cambie, como debería facer que algo cambie, a situación que estamos vivindo.

Ante a adversidade, a creatividade suplía as carencias con creces, comenta Noa Fernández Morón“Adáptanse ás situacións, algúns dos pobos eran nómades e tiñan que axudar ás familias, noutros había asociacións de nenas que se xuntaban para facer che e comprar material para o cole. A maioría eran nenxs moi emponderados, con moita capacidade de acción no seu proceso educativo. Iso foi como un click que nos confirmou o mal que se estaban facendo aquí as cousas. E veunos a necesidade de facer algo aquí que aportase algo cara a ese benestar emocional da infancia.”

Maralal Lesiolo / Noa Fernández e José Collazo

“Esa luz nos ollos non a viamos nos nenos de aquí e pregúntaste que esta pasando”

Cando aquí vemos aos nenxs de África nos medios adoitan ensinar a nenxs enfermxs, pero hai outros nenxs, “As imaxes de África de nenxs descalzos, xogando con pedras, con arames, con xoguetes que facían eles e sempre felices, camiñando por camiños poirentos e super alegres. Esa luz nos ollos non a viamos nos nenos de aquí e pregúntaste que esta pasando.”

Addis-Awasa / Noa Fernández e José Collazo

Xa en Galicia a parella tiña claro que a natureza e a liberdade estaban fallando no noso sistema, á hora de amosarlles o camiño aos máis novos cando máis o precisan, nos primeiros anos da súa formación como individuos. No 2012 compraron unha casa ao lado dun bosque coa idea de sacar adiante un proxecto no que afondaremos na seguinte entrega.

Un espazo educativo cunha ratio de 1/8 no que a maior parte do tempo se está no exterior, o que reforza o sistema inmunitario e é más difícil contaxiarse cousas, que un interior con 25 nenos e un adulto que é a ratio habitual nuna escola infantil e primaria. E mentres camiñamos para a Fase 2 da desescalada, EdNa a Asociación nacional de Educación na Natureza saca un manifesto para dar unha resposta na situación actual. “Temos que adaptarnos a unha nova realidade na que primarán a saúde e seguridade da infancia e do persoal nos centros educativos. Unha das consecuencias desta adaptación será a redución da cantidade de alumnado por aula. A educación na natureza pode brindar unha solución inmediata a case todos estes problemas á vez que aborda a causa última da presente pandemia.”

Espazo Foresta / Noa Fernández e José Collazo

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....