HomeMedio ambiente e PatrimonioNova escavación nos Conventos para seguir afondando nas orixes da Ribeira Sacra

Nova escavación nos Conventos para seguir afondando nas orixes da Ribeira Sacra

Un equipo multidisciplinar realizará a partir da segunda quincena de xullo unha campaña arqueolóxica no lugar dos Conventos, en Vilachá de Salvadur, A Pobra do Brollón. Trátase da segunda escavación neste lugar, trala primeira campaña na primavera do pasado ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A intervención está enmarcada no proxecto etnoarqueolóxico Adegas da Memoria, que busca a recuperación da memoria colectiva da parroquia de Vilachá, en plena Ribeira Sacra. O proxecto naceu a principios do ano pasado grazas á colaboración entre o Concello da Pobra do Brollón e a Asociación de Veciños de Vilachá, coa incorporación este ano da Consellería de Cultura e Turismo a través da Dirección Xeral de Patrimonio. Tamén participan a Universidade Nova de Lisboa e o Incipit-CSIC.

A Xunta de Galicia financia a actuación deste ano cunha achega de 18.510 €. A Asociación de Veciños encárgase de rozar o acceso ao xacemento e o Concello ocúpase de gastos de loxística da campaña. “Que un proxecto que nace dende os veciños acabe acadando financiamento autonómico é algo moi positivo. Sinala que a aposta municipal pola arqueoloxía en comunidade vai por bo camiño e que un modelo de abaixo cara arriba é posible,” sinala Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón.

O presidente da Asociación de Veciños de Vilachá, José Castiñeira, comenta: “Para nós é un orgullo que un proxecto promovido dende a veciñanza figure entre os poucos proxectos nos que participa a Dirección Xeral de Patrimonio neste ano tan complicado a todos os niveis”.

Trala pista dos veciños

Os arqueólogos tiveron noticia dos Conventos a través dos veciños de Vilachá, que falaban dun antigo mosteiro no lugar. Nos últimos compases da intervención, confirmouse o carácter sagrado ao aparecer un estraño enterramento que a análise por carbono 14 datou no século X.

Para este ano, os técnicos centrarán a campaña na procura de posibles novos enterramentos, que indicarían que se trata dunha necrópole e non dun enterramento illado O arqueólogo director, Xurxo Ayán, explica a complexidade da intervención: “Trátase dun xacemento que tivo moitos cambios ao longo da historia. É enormemente interesante a oportunidade que ofrece este enclave para estudar as orixes e evolución da Ribeira Sacra, o que pode ter gran repercusión na candidatura a Patrimonio da Humanidade,” apunta Ayán

Como parte do proxecto Adegas da Memoria, ademais das escavacións nos Conventos, promovéronse estudos para a datación dos socalcos e unha investigación etnográfica da parroquia. Tamén está previsto un estudo do conxunto de adegas tradicionais de Vilachá de Salvadur. Todo está documentado a través dunha webserie que se organiza en torno a catro tempadas, dúas das cales xa están dispoñibles na web adegasdamemoria.com.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...