HomeMedio ambiente e PatrimonioNovos petroglifos na serra do Páramo, no concello de Sarria

Novos petroglifos na serra do Páramo, no concello de Sarria

O Colectivo Patrimonio dos Ancares documenta novos petróglifos en Biville, no concello de Sarria; a 845 metros de altitude na serra do Páramo. Un espazo sacralizado durante milenios, que consideran a zona arqueolóxica máis interesante desde concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O primeiro petroglifo estaba practicamente cuberto pola terra. Sobre unha pena granítica situada rente ao chan vese unha ben conservada combinación de dous círculos concéntricos con coviña central. “Como no caso da maioría dos petroglifos, trátase dun motivo enigmático, sendo obxecto de variadas interpretacións: representacións do sol, asociados a algún tipo de ritual, etc. ” sinalan

A uns 300 metros do anterior, xusto no límite co concello do Páramo, localizaron unha pena con tres coviñas e unha cruz de factura posiblemente posterior. Atópanse a poucos metros dunha mámoa que foi utilizada como marco para delimitar as parroquias de Friolfe (O Páramo) e Biville (Sarria). As coviñas adoitan interpretarse como recipientes para ofrendas, lugares para recoller a auga que sería utilizada nalgún tipo de ritual, delimitadoras de lugares sagrados ou espazos máxicos, etc.

Petroglifo serra do Páramo / Patrimonio dos Ancares

Aínda que moi afectada por labores agrícolas e forestais e un parque eólico, segundo o criterio deste colectivo é a zona arqueolóxica máis interesante do concello de Sarria. “Ademais dunha necrópole megalítica de hai uns 6.000 anos (período Neolítico) formadas por quince mámoas e os petróglifos (Idade do Bronce) de hai uns 4.000 anos, está a ermida do San Marcos que na Alta Idade Media formou parte dun eremitorio que co tempo se converteu nun pequeno mosteiro posto baixo a advocación de San Adrao, citado por primeira vez no ano 899. A carón da ermida consérvanse tres sartegos antropoides escavados na rocha granítica onde tamén se ven algunhas coviñas. Estariamos, pois, diante dun espazo que foi sacralizado durante milenios“, apuntan desde o colectivo Patrimonio dos Ancares.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...