HomeMedio ambiente e PatrimonioO Camiño de Inverno tería unha igrexa pre-románica en Rozavales

O Camiño de Inverno tería unha igrexa pre-románica en Rozavales

A asociación de veciños de Vilachá de Salvadur informou ao Concello de Monforte de Lemos, do valor patrimonial da igrexa de Rozavales e a súa necesaria posta en valor. A asociación agradece a atención e a boa recepción por parte da tenente de alcalde quen se amosou interesada no Camiño de Inverno e a igrexa de Rozavales, de onde ela é orixinaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A especialista en arte románico, Carolina Casal, visitou en días pasados a igrexa de Rozavales (Monforte de Lemos), por convite da Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur. Tras contemplar o interior do templo, cunha planta en cruz grega, Carolina Casal atopou indicios para crer que se trata dunha igrexa prerrománica. Á espera dun estudo máis pormenorizado, Carolina Casal destaca a xanela do altar, con feitura prerrománica, e o propio paramento da igrexa como outro elemento identificativo. 

No interior da igrexa consérvanse tres grandes arcos, saídos dende o chan, de distinta datación (XVI-XVIII), que resultan chamativos polo infrecuentes que son, xa que os arcos saen directamente do chan cando o habitual é que estean soportados sobre columnas.

O redescubrimento da igrexa de Rozavales produciuse durante o proceso de compilación de datos e redacción do informe que a Asociación de Vilachá fixo sobre o Camiño de Inverno e presentou ante a Xunta de Galicia. Os seus membros, que subliñan a importancia deste topónimo de orixe xacobea como así o demostrou Gonzalo Navaza (especialista na materia), informaron sobre a urxencia de protexer este patrimonio e promover a súa divulgación como parte da riqueza cultural e histórica do Camiño de Inverno.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...