HomeMedio ambiente e PatrimonioChegan os avaliadores da UNESCO ó Xeoparque do Courel

Chegan os avaliadores da UNESCO ó Xeoparque do Courel

Dende o martes 17 ata o venres 20 coñecerán de primeira man, e baixo visitas guiadas e explicacións rigorosas, os argumentos polos cales a candidatura ten unha base sostible para obter tal recoñecemento.

Publicado o

- Advertisement -

Este luns 16 de xullo chegan ó Courel os avaliadores da UNESCO para coñecer sobre o terreo a candidatura deste territorio a Xeoparque Mundial Montañas do Courel. Ó redor das 20:00 horas entrarán na Casa Rural Verxel, en Vilardomato (Ribas de Sil) onde se aloxarán os días que duren os seus traballos.

Dende o martes 17 ata o venres 20 os avaliadores coñecerán de primeira man, e baixo visitas guiadas e explicacións clarificadorias, os motivos e a paisaxe polos cales a candidatura presentada ten unha base sostible para gañar tal recoñecemento.

Durante a súa estancia visitarán os Museos Etnográfico e o Xeolóxico de Quiroga. Tamén realizarán visitas de campo onde poderán observar o serpenteante trazado do Río Sil polas montañas do Courel e a súa relevancia na historia da zona; gozarán das espectaculares vistas dende os xeomiradores de Pena do Ladeiro,  de Louxoá a Cubela, o das Fontes, o de Campodola, o de Penaboa e o da Pómez.

Na súa estancia en terras galegas tamén visitarán a aldea de Montefurado e o seu Túnel Romano e a zona mineira de Margaride. Coñecerán de primeira man o pregamento deitado das montañas do Courel, a Canteira de Pacios da Serra. Os promotores da candidatura levaranos ata a Campa da Lucenza e a Fervenza de Rexíu, a aldea de Froxán, o Castro de Vilamor, o Castro da Torre no val do Lor, o Val das Mouras, o Centro de Interpretacion das Covas de Meiraos, a Estación Científica do Courel, as rochas carbonatadas,  o Castelo de Carbedo, a Devesa da Rogueira, o punto de observación do Val de Visuña, os vales glaciares da Seara, xunto coa aldea, o punto de observación da Golada e o Till da Seara e, para rematar a súa viaxe, acudirán a Vieiros para ver ó muíño fariñeiro e a espectacular fervenza.

 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...