HomeMedio ambiente e PatrimonioVoluntariado para preservación ambiental en Sober

Voluntariado para preservación ambiental en Sober

Un grupo de mozas e mozos voluntarios colaboran en tarefas de preservación ambiental da contorna da Ribeira Sacra en Sober. Limparon e acondicionaron a ruta dos Muíños de Xábrega, visitaron os Canóns do Sil e o obradoiro de olería de Gundivós

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, estivo esta mañá cun grupo de mozas e mozos voluntarios que están a realizar durante a fin de semana tarefas de recollida de lixo e limpeza na contorna da Ribeira Sacra—Canóns do Sil. Esta actividade é unha máis do proxecto europeo Life Evergreen with Volunteer (Lewo), que se desenvolve ao abeiro do programa LIFE 2016 da Comisión Europea.

Cristina Pichel destacou a importancia deste tipo de programas para implicar á xente nova na conservación e posta en valor de espazos naturais de Galicia de gran valor medioambiental, como é o caso da Ribeira Sacra. En concreto, as rapazas e rapaces que forman parte desta acción encargáronse de limpar e acondicionar a ruta dos Muíños de Xábrega e este domingo acondicionarán sendeiros nos viñedos da Ribeira Sacra.

Ademais destas intervencións medioambientais, as mozas e mozos teñen a oportunidade de visitar os miradoiros do Canón do Sil e coñecer como funciona o obradoiro de olería de Gundivós.

Lewo / concello de Sober

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...