HomeMedio ambiente e Patrimonio5 concellos da zona sur no plan "O Que Non Arde"

5 concellos da zona sur no plan “O Que Non Arde”

A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel, Láncara, O Saviñao, Quiroga e 8 concellos máis da provincia responderon á primeira convocatoria do plan de axudas ao mantemento de faixas de biomasa “O Que Non Arde”, impulsado pola área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concellos terán que achegar agora a documentación para acreditaren o cumprimento da normativa de prevención de incendios forestais, requisito necesario para acceder á liña de axudas, dirixidas a financiar a roza das masas forestais nos laterais das redes viarias municipais (eixo 1) e a repoboación das faixas de xestión de biomasa con árbores autóctonas (eixo 2).

Os proxectos presentados serán estudados por unha comisión técnica, que avaliará tanto a súa calidade técnica como outros criterios cuantitativos, como o control dos incumprimentos da normativa en materia das obrigas de xestión da biomasa vexetal, ou as accións de execución subsidiaria e procedementos sancionadores realizados dende o propio concello.

O programa implementarase a través de convenios interadministrativos de colaboración entre a área de Medio Rural e os concellos beneficiarios que cumpran os requisitos contemplados nas bases.

A deputada de Medio Rural, do Mar e Mocidade, Mónica Freire Rancaño, amosouse satisfeita coa resposta a esta primeira convocatoria do plan que “naceu para incentivar e apoiar políticas orientadas á prevención de incendios”. “A casuística detrás dos lumes forestais é complexa, pero resulta evidente que o camiño para atallar esta problemática pasa pola prevención, pola ordenación do territorio e o aproveitamento multifuncional do monte”, expuxo.

A deputada nacionalista tamén incidiu nas dificultades que afrontan os concellos á hora de apostar por estas políticas ante o “abandono da Xunta de Galiza, que descargou nos concellos a responsabilidade de previr os incendios nas faixas de protección sen achegarlles ningún medio ou recurso para afrontala, polo que teñen que executar subsidiariamente cos seus escasos medios cos que contan”, concluíu.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...