HomeMedio ambiente e PatrimonioTurismo científico como motor económico no Outono Xeolóxico

Turismo científico como motor económico no Outono Xeolóxico

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, inaugurou este sábado o Outono Xeolóxico nas Montañas do Courel. Trátase da programación de conferencias, xornadas e visitas guiadas que organiza o Xeoparque Montañas do Courel, coa que colabora o organismo provincial cunha achega de 25.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A temática desta primeira edición do Outono Xeolóxico versará sobre a minería aurífera, o glaciarismo, as rochas do xeoparque e a ruta das aldeas Paleozoicas. Dita iniciativa celébrase esta fin de semana en Ribas de Sil; o 3 e 4 de outubro en Quiroga; e o 21 e 22 de novembro en Folgoso do Courel. 

García Porto sinalou que “hai que apostar por un turismo de valor engadido, de experiencias, non masificado, que poña en valor e coide o territorio, contribuíndo ao desenvolvemento económico sostible. Valores todos sobre os que se sustenta este Outono Xeolóxico e que guían o compromiso da Deputación por impulsar o turismo científico da nosa provincia, procurando avanzar na promoción e valorización do noso patrimonio natural. Este tipo de turismo vencellado á ciencia supón un motor de desenvolvemento económico cun importante efecto multiplicador para os concellos que integran o territorio”. 

Neste eido, García Porto explicou que o organismo provincial ten unha aposta clara por reforzar este tipo de turismo fronte á crise da Covid-19, “como demostramos con moi diversas medidas, como a presentación dun plan para optar a fondos do Estado por importe de ata 3M€ co fin de impulsar o xeodestino Ancares-Courel, a colaboración co I Congreso Nacional de Turismo Experiencial, o proxecto de sinalización da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, os Premios Lugo Cambia ou a compra de novas parcelas para crear o Parque Central de Galicia en Antas de Ulla, un espazo público de lecer e natureza”. 

Programación durante 3 fins de semana

– Este sábado, en Ribas de Sil: a xornada tivo a temática Ouro, romanos e montañas do Courel. Celebráronse varias charlas e haberá unha saída de campo á minería aurífera do sur do xeoparque, en Sequeiros. 

– 3 e 4 de outubro, en Quiroga: o evento xirará arredor do Glaciarismo e vexetación do pasado das nosas montañas. Terán lugar conferencias sobre dita temática e saídas á lagoa da Lucenza e aos ríos xeolóxicos da Seara e Vieiros. 

– 21 e 22 de novembro, en Folgoso do Courel: terán lugar os obradoiros formativos sobre As idades xeolóxicas e as rochas do xeoparque. Na primeira xornada realizarase unha saída a Vilarbacú, A Seara e Visuña. Na segunda xornada visitarase Céramo, Froxán e Seceda. 

ÚLTIMAS

A Asoc. Rechouchíos de Taboada creará un fondo de traxe tradicional galego

O Presidente da Deputación da Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio...

Do 5 ao 10 de agosto Monforte celebra a XXIV edición de Artelemos

O Concello de Monforte vén de presentar o cartel anunciador e o programa da...

O BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val de Lemos

O BNG buscará o acordo do pleno provincial para reclamar á Confederación Hidrográfica, ao...

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...