HomeMedio ambiente e PatrimonioPrimeiros restos arqueolóxicos do xacemento de Proendos, en Sober

Primeiros restos arqueolóxicos do xacemento de Proendos, en Sober

A escavación arqueolóxica que impulsa a Xunta neste xacemento está a dar resultados despois das primeiras xornadas de traballo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A intervención neste xacemento comezou esta semana e xa saíron á luz os primeiros restos das estruturas de edificacións localizadas a un nivel moi superficial.

A Consellería de Cultura decidiu iniciar esta actuación despois da transcendencia dos resultados obtidos na prospección xeofísica levada a cabo polo Concello de Sober no ano 2019, unha intervención que permitiu constatar a existencia de “complexas estruturas baixo terra” en todas as parcelas prospectadas, posiblemente a maioría de época romana.

A intervención devandita deu a coñecer a existencia de, polo menos, un complexo termal de extensión considerable, varios elementos de posible carácter público e de servizos, posibles estruturas de habitación, unha probable trama urbana ou estruturas funerarias, así como un hipotético sistema de condución de augas. Os traballos tamén achegaron datos en relación tanto a fases anteriores, como un posible foso defensivo, quizais vinculable a elementos castrexos, como posteriores, con posibles tumbas e elementos funerarios medievais na contorna da Casa Reitoral de Proendos.

O Goberno galego está a impulsar os traballos arqueolóxicos no xacemento de Proendos coa finalidade de favorecer a investigación deste “importante espazo” enmarcado na Ribeira Sacra, unha paisaxe que conta coa declaración de Ben de Interese Cultural e que é candidato a ser declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.


Dita actuación, que conta cun prazo de execución previsto de dous meses e unha intervención de campo de dez días, consistirá na realización dunha serie de sondaxes arqueolóxicas avaliativas naqueles puntos que teñen un maior interese histórico-arqueolóxico, como son a zona da posible existencia dunha ábsida, dun pavimento/mosaico, de almacéns tipo ‘horrea’ e dun hipocausto.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...