HomeMedio ambiente e Patrimonio10 igrexas da Ribeira Sacra na Asociación de Rutas Europeas sobre o...

10 igrexas da Ribeira Sacra na Asociación de Rutas Europeas sobre o Románico

O presidente provincial, José Tomé, considera que este ingreso "supón un importante apoio á candidatura da Ribeira Sacra para Patrimonio da Humanidade", ademais de constituír "un reclamo máis para a promoción do Camiño de Inverno de cara ao Xacobeo do ano que vén"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A candidatura que se presentou, segundo explicou Tomé, consta de dez igrexas situadas noutros tantos municipios da Ribeira Sacra, “para asegurar a maior representación posible do territorio”.

As igrexas son: o Mosteiro do Divino Salvador –Ferreira de Pantón–, a Igrexa de San Xoán –Carballedo–, Santa María de Nogueira –Chantada–, San Pedro de Ribas Altas –Monforte–, San Facundo de Ribas de Miño –Paradela–, San Nicolás –Portomarín–, Santa María de Torbeo en Ribas de Sil, Santo Estevo de Ribas de Miño –O Saviñao–, Santa María de Proendos –Sober– e Santa María –Taboada–. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

“No tempo da Galega sácanme moito”, Antonio Cortiñas, fotógrafo

Antonio Cortiñas é orixinario de Leizán, no Incio, e a vida profesional levouno dende...

A Noite Meiga de Sarria avanza na declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

Na xuntanza estiveron presentes, ademais dos representantes da asociación promotora, o delegado territorial da...

A Xunta entrega en Monforte 3 vivendas de promoción pública en réxime de alugamento

Estas vivendas forman parte dun paquete de seis vivendas que o Instituto Galego da...

A incidencia ferroviaria na zona de Montefurado, solucionada

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, restableceuse...