HomeMedio ambiente e Patrimonio550.000 euros para potenciar os valores naturais dos 21 concellos da Ribeira...

550.000 euros para potenciar os valores naturais dos 21 concellos da Ribeira Sacra

A Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra subscribiron o primeiro 'Pacto pola Paisaxe', unha iniciativa que busca potenciar, protexer, xestionar e ordenar os valores naturais que conforman os 21 concellos que se integrarán nesta área das provincias de Lugo e Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O protocolo impulsará accións para velar polos valores patrimoniais desta área de interese paisaxístico que resulta da fusión da do Canón do Sil e o do Miño e que implica un orzamento de 550.000 euros achegados pola administración galega.

As actuacións iniciais orientaranse á realización de murais, delimitación de itinerarios de interese paisaxístico, organización de eventos culturais e de lecer, ademais dunha mostra itinerante sobre esta zona que percorrerá a xeografía galega.

Este pacto representa un dos dez proxectos que forman parte do Plan de Acción estratéxico para a Ribeira Sacra, dotado de 3,5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...