HomeMedio ambiente e PatrimonioPremio para 'A Míllara', en Pantón

Premio para ‘A Míllara’, en Pantón

A Fundación Juana de Vega entregou este venres o seu 'Premio de Intervencións na Paisaxe' á recuperación do núcleo rural e os viñedos da Míllara,.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

EFE.- A intervención, dirixida por Manuel Xeonllo, foi distinguida por unanimidade na categoría de intervencións privadas no patrimonio construído e a súa contorna, no lugar de Vilar de Ortelle.

O obxectivo principal deste galardón é recoñecer aquelas intervencións que recuperen o patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna. A recuperación da Míllara foi destacada polo xurado por dar unha nova vida a unha aldea abandonada no corazón da Ribeira Sacra, con criterios de sustentabilidade e de respecto ao patrimonio construído preexistente.

Na vella aldea reconstruíronse as vivendas e os espazos públicos, así como a adega antiga, durante dez anos de traballo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...