HomeMedio ambiente e PatrimonioRehabilitación de bens patrimoniais de Monforte, O Incio, O Saviñao e O...

Rehabilitación de bens patrimoniais de Monforte, O Incio, O Saviñao e O Courel

O convenio asinado entre a Deputación e a Diócese de Lugo recolle un orzamento de 300.000 euros, dos que cada parte achega 150.000 euros para a conservación e rehabilitación de bens monumentais situados nos concellos de Lugo, Monforte, O Incio, O Saviñao e O Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé subliñou que con esta achega, a institución provincial contribúe a poñer en valor estes bens patrimoniais, “dentro da nosa aposta pola promoción do territorio para dinamizar a economía.” As actuacións son as seguintes:

– Melloras na Catedral de Lugo, Patrimonio da Humanidade dende o ano 2015. Conta cun orzamento de 93.000€. Melloras para facilitar o acceso ás persoas con mobilidade reducida e actuacións no atrio frontal da Catedral.

– En Monforte, na igrexa de San Miguel de Marcelle, repararase o muro perimetral do adro do edificio con 10.000€; e na igrexa de Santa María da Régoa, acondicionarase a cuberta e pintarase a fachada do edificio con 45.000€.

– Na igrexa de San Salvador de Vilaesteva, no Saviñao, con outros 50.000€, mellorarase a accesibilidade ao edificio, renovando o pavimento actual, que é de tarima flotante, por unha tarima de castaño. 

– Na igrexa de San Cristovo da Cervela, no Incio, renovarase a cuberta da igrexa e faranse traballos de limpeza no campanario e de cuberta do cabildo. Esta actuación conta cun investimento de 50.500€.

 – Na igrexa de San Pedro de Noceda, en Folgoso do Courel, arranxarase con 51.500€ a cuberta da nave principal e do campanario, 

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...