HomesociedadeDenuncian o uso de "perigosos artefactos anticegoñas" nos lousados de Monforte

Denuncian o uso de “perigosos artefactos anticegoñas” nos lousados de Monforte

Asociacións ecoloxistas alertan de que estes dispositivos caseiros e non homologados poden chegar a provocar a morte das aves ou causarlles lesións moi graves.

Publicado o

- Advertisement -

As asociacións Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción alertaron á Conselleria de Medio Ambiente e ao Servizo de Protección da Natureza da aparición “de perigosos artefactos anticegoñas nos tellados de Monforte de Lemos”, segundo informan.

Ambas as organizacións ecoloxistas denuncian que se trata de artefactos metálicos non homologados, de fabricación caseira “e que poden resultar altamente daniños, chegando a provocar a morte das cegoñas por estrangulación ou graves lesións como a amputación de extremidades”.

Hai unhas semanas Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción denunciaban a desaparición de varios niños e a colocación de diversos artefactos en Chantada. Agora, aseguran, rexístrase unha situación similar en Monforte de Lemos.

Este municipio lucense, apuntan, “conta cunha colonia de cegoñas brancas que acaba de ser censada, constatando o seu lento pero constante crecemento”. Esta colonia, explican, aniña principalmente na estación de ferrocarril sobre as catenarias do tren, “pero unha minoría faino nos tellados de vivendas contiguas”. “Son nalgúns dos tellados destas casas próximas á estación onde se atopan os artefactos denunciados”.

O ano pasado xa denunciaron a colocación de artefactos electrificados nos tellados con niños de cegoña, “que foron retirados grazas á intermediación da Xefatura de Medio Ambiente”.

“Con todo parece que algúns veciños reinciden nesta práctica ilegal e moi perigosa tanto para a cegoña, ave protexida, como para calquera outro paxaro”, advirten, facendo un chamamento aos veciños de Monforte de Lemos para que “con empatía e sentido común se trate de convivir pacificamente coas cegoñas”.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...