InicioMedio ambiente e PatrimonioUnha nova ruta no Courel combinará turismo, hábitats de osos e apicultura

Unha nova ruta no Courel combinará turismo, hábitats de osos e apicultura

Parte de Seceda do Courel e ten un percorrido aproximado de 16 quilómetros

Publicado o

- Advertisement -

EFE | A nova ruta do Oso e do Mel do Courel é unha iniciativa que pretende combinar o desenvolvemento rural e o turismo activo coa conservación dun hábitat adecuado para o oso pardo e o mantemento da apicultura na zona, unha actividade importante para a economía local.

Esta iniciativa xurdiu da man da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel, no marco do proxecto europeo LIFE Oso Courel, que coordina a Fundación Oso Pardo ( FOP).

A ruta, de 16 quilómetros de lonxitude, percorre algunhas paraxes singulares deste territorio e permite visitar “paisaxes e hábitats oseiros”, informan os seus promotores, así como “elementos que mostran a estreita convivencia dos habitantes destas montañas coa natureza”.

Entre estes elemento, destacan “as alvarizas tradicionais de pedra seca construídos antigamente para protexer as colmeas”.

UN RICO PATRIMONIO CULTURAL

“Esta zona reúne unha das maiores concentracións de alvarizas que se coñecen, e algúns deles atópanse restaurados e en uso. Esta rica cultura merece ser posta en valor”, sinala Marcos Reinoso, presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel.

Unha apreciación compartida polo presidente da Asociación Galega de Apicultura ( AGA), Xosé Torres, para quen “o futuro da apicultura no Courel está ligado tanto á súa cultura como ás súas paisaxes e natureza, que permiten producir meles ecolóxicos de alta calidade a partir dunha amplísima variedade de flores”.

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, da que parte este novo itinerario, destaca que “é positivo que a ruta estea vinculada ao mundo da apicultura e que os veciños participasen de forma activa na súa creación e deseño”.

A ruta foi acondicionada por traballadores locais contratados pola FOP dentro do proxecto LIFE. O deseño do itinerario realizouse en colaboración con entidades como a Asociación Galega de Custodia do Territorio ( AGCT), a Asociación Galega de Apicultura ( AGA), a Asociación de Veciños de Seceda, o Concello de Folgoso do Courel ou o Xeoparque Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...