HomeMedio ambiente e PatrimonioExposición en Sarria sobre o 'traxe festivo da muller aldeá'

Exposición en Sarria sobre o ‘traxe festivo da muller aldeá’

A exposición itinerante “O traxe festivo da muller aldeá nas Terras de Lugo” poderase ver na Antiga Prisión Preventiva de Sarria do 26 de abril ao 1 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O luns 26 de abril chega a Sarria a exposición itinerante “O traxe festivo da muller aldeá nas Terras de Lugo”. Será acollida na Antiga Prisión Preventiva (Oficina Municipal de Turismo do Concello de Sarria) ata o 1 de maio de en horario de 9:30h a 14:00h. Para visitas fóra de horario a organización recomenda chamar ao teléfono 982 53 06 68.

Nesta mostra, organizada polo Grupo El Progreso e elaborada polo obradoiro artesán lucense Traxandaina, poden verse pezas antigas e réplicas de traxes festivos de gala das mulleres lucenses de finais do século XIX.

A mostra que se pode ver é o resultado dunha selección feita ao longo dos anos polos investigadores do obradoiro Traxandaina, entre as abondosas vestimentas que hai documentadas ou que foron recollidas polas casas de aldea da provincia de Lugo. Entre os traxes que conforman a exposición hai un de Sarria.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...