HomeMedio ambiente e PatrimonioRibas de Sil coida do medio ao tempo que promociona o Xeoparque

Ribas de Sil coida do medio ao tempo que promociona o Xeoparque

O concello vén de adquirir un novo camión do lixo e ten programada unha campaña de compostaxe doméstico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A principios de maio comezará a traballar o novo camión de lixo, unha adquisición do Concello de Ribas de Sil cun investimento de 130.000 euros e financiado unicamente con fondos propios.

O vehículo servirá tamén de escaparate promocional pois aproveitouse a súa caixa para poñer imaxes emblemáticas da zona, como o coñecido meandro da Cubela, e un lema que reza así: “Coidamos do Xeoparque Montañas do Courel”.

Meandro da Cubela no camión do lixo. Foto: Concello de Ribas de Sil

Outra medida relacionada co coidado do Medio Ambiente que impulsa o concello é unha campaña de compostaxe doméstica para transformar en compost os restos orgánicos. O concello convida a participar inscribíndose antes do 7 de maio chamando ao teléfono 657512562. As 25 primeiras persoas que se anoten recibirán un composteiro e unha sesión de formación.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...