HomeMedio ambiente e PatrimonioCoureleando, un xeito de ver o Courel “con outros ollos”

Coureleando, un xeito de ver o Courel “con outros ollos”

Este novo proxecto turístico que nace en Folgoso do Courel prepara unha orixinal presentación os días 5 e 6 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

Dous homes e un destino, ou o que vén a ser o mesmo, Guillermo Díaz Aira e Iván Álvarez Merayo, un biólogo e un arqueólogo embarcados na aventura de ensinar o Courel “con outros ollos”.

Así nace Coureleando, querendo cambiar o xeito de ver o territorio, O Courel preferentemente, pero tamén o resto de Galicia e incluso outras montañas da Península Ibérica. Un obxectivo que farán posible estes dous profesionais con experiencia contrastada na realización de actividades na Serra do Courel, con titulación de ‘Técnicos Deportivos en Media Montaña’ e formación en tres disciplinas imprescindibles para explicar as peculiaridades do Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel: bioloxía, arqueoloxía e xeoloxía.

A través das redes sociais e dalgunha aparición en medios, Coureleando xa está empezando a darse a coñecer ao público pero segundo nos consta están pendentes dalgúns pequenos trámites administrativos para acabar de formalizar a empresa e operar oficialmente. A previsión é que a comezos de xuño poidan ter todo listo para empezar a funcionar xa a tope aproveitando a chegada do verán.

UNHA ORIXINAL PRESENTACIÓN

E neste punto están, co cal veñen de anunciar que o sábado día 5 de xuño farán unha presentación pechada para axencias, clubs e profesionais e o día 6, domingo, as 10:00 horas outra para todos aqueles particulares interesados/as en coñecelos.

O programa será unha visita inédita á Mina romana da Toca no Courel de man do arqueólogo Iván Álvarez, gran coñecedor da mesma e que amosará ás/aos presentes cousas que nunca foron ensinadas ao público.

Segundo explican tamén, e por mor da normativa COVID, terán que axustarse os tamaños do grupo ao que esa fin de semana indiquen as autoridades sanitarias. Para reservar, de forma totalmente gratuíta, cómpre enviar un correo electrónico a info@coureleando.com e as prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción. Aqueles que teñen adxudicada a visita recibirán unha resposta por email indicando o punto de encontro e as instrucións para a ruta.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...