HomeMedio ambiente e PatrimonioLuns de románico en Chantada

Luns de románico en Chantada

As rutas realizaranse todos os luns desde o 21 de xuño ata o 27 de setembro con saídas ás 10 da mañá de diante da oficina de turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 21 de xuño, inauguráronse as visitas ao Románico de Chantada organizadas polo Concello de Chantada e realizadas pola empresa Máis que Románico, especializada en rutas de turismo cultural. A través deste percorrido mostraranse as igrexas de Santa María de Pesqueiras, San Cristovo de Fornas e San Salvador de Asma, da man dun guía oficial. 

As rutas realizaranse todos os luns desde o 21 de xuño ata o 27 de setembro. Para inscribirse é necesario reservar no teléfono 646 533 229. A saída está garantida. O prezo por persoa é de 3 euros, gratuíto para os veciños empadroados en Chantada e para os menores de 18 anos.

Os desprazamentos realizaranse en vehículos particulares. As rutas desenvolveranse cumprindo a normativa COVID en vigor. O punto de encontro é diante da Oficina de Turismo de Chantada ás 10 horas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...