HomeMedio ambiente e PatrimonioComeza a limpeza do xacemento Penas do Castelo en Salcedo

Comeza a limpeza do xacemento Penas do Castelo en Salcedo

Os traballos inclúense nun proxecto de ‘arqueoloxía de aldea’ que une a Concello, Comunidade de Montes e Asociación de Veciños.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 28 de xuño, comezan os traballos de roza do xacemento medieval Penas do Castelo, na ribeira do Río Lor na parroquia de Salcedo, A Pobra do Brollón. Os traballos serán realizados pola empresa forestal Foresga e supervisados pola empresa Árbore Arqueoloxía e Restauración.

‘O control arqueolóxico garante que o xacemento non sufra danos durante a roza,’ comenta Benito Vilas, arqueólogo‘Grazas a esta limpeza comprenderemos mellor este xacemento, polo de agora bastante enigmático, así como as súas dimensións e límites.’Tal e como aparece na ficha de catalogación, pola súa forma e tipoloxía o máis probable é que se trate dun xacemento altomedieval e non se descarta que teña unha orixe anterior, na primeira Idade do Ferro.

O xacemento presenta un sistema defensivo monumental e moi visible, ademais está nunha situación privilexiada sobre o río Lor con magníficas vistas da paisaxe.‘Este sitio é un recurso de gran interese na rede de recursos arqueolóxicos visitables no noso Concello, polo que este verán xa estará incluído no circuíto de visitas guiadas’, comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

aéreo Penas do Castelo

A intervención está enmarcada no proxecto Penas do Castelo que se define como de arqueoloxía de aldea, promovido pola Asociación Veciñal e a Comunidade de Montes de Salcedo, e mais o Concello da Pobra do Brollón. O proxecto publica vídeos nas súas redes sociais nos que os veciños falan do que consideran o elemento patrimonial máis importante da aldea para cadaquén.

Máis alá da roza e o traballo audiovisual cos veciños, están previstas outras accións e actividades. ‘Trátase de crear dinámicas comunitarias a través da arqueoloxía,’ comenta Marisa Defente, membro das directivas da Comunidade de Montes e da Asociación Veciñal‘Ademais, crearemos un recurso turístico interesante para os negocios da aldea ao tempo que un recurso didáctico e de pertenza para os máis pequenos’.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...