HomeMedio ambiente e PatrimonioO Xeoparque Montañas do Courel, exemplo de xestión do patrimonio...

O Xeoparque Montañas do Courel, exemplo de xestión do patrimonio paleontolóxico paleozoico

O Xeoparque publicou un artigo científico internacional sobre a xestión do patrimonio asociado aos fósiles paleozoicos. Os fósiles estás expostos ao público no Museo Xeolóxico de Quiroga e na Oficina de Turismo de Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os fósiles paleozoicos son realmente escasos en Galicia, aínda que nas Montañas do Courel atópanse bos exemplos destes fósiles, cuxo valor foi reforzado polo Xeoparque mediante un novo traballo científico de carácter internacional. O traballo constitúe un artigo científico publicado dentro dun volume especial sobre patrimonio paleontolóxico e xeoparques, na revista
Geoconservation Research.

O traballo mostra o exemplo da xestión desenvolvida polo Xeoparque e que foi ben acollida pola comunidade científica. O traballo baséase no inventario de xacementos paleozoicos realizado polo paleontólogo Bienvenido Díez da Universidade de Vigo e polo biólogo Manuel García Ávila, a partir de estudos previos e traballo de campo. Os fósiles correspóndense con fauna invertebrada que habitou os mares paleozoicos xa desaparecidos, como os trilobites (artrópodos extinguidos), os crinoideos (do grupo dos equinodermos, como os ourizos e estrelas de mar), e ortocéridos (moluscos cefalópodos de cuncha recta, extinguidos).

A información recollida sobre os xacementos paleontolóxicos paleozoicos foi incorporada á base de información científica do Xeoparque, e os fósiles achados foron depositados no Museo Xeolóxico de Quiroga, que constitúe un centro de referencia para a custodia e conservación do patrimonio paleontolóxico rexional. Os fósiles máis relevantes están expostos ao gran público neste museo, con novos contidos divulgativos xa incluídos na súa recente ampliación, así como na Oficina de Turismo de Folgoso do Courel. Esta oficina desenvolveu un papel decisorio na xestión e recuperación de achados fortuítos de fósiles por parte de louseiros e outros traballadores locais, que posteriormente foron estudados polo paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco, de a Universidade Complutense de Madrid, e pertencente tamén ao Comité Científico doXeoparque.

Finalmente, elaboráronse modelos 3d de exemplares de trilobites, crinoideos e ortocéridos, que poden ser visualizados na web do Museo Xeolóxico de Quiroga.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...