HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónControlados os lumes que afectaron 1.700h de Ribas de Sil, Quiroga e...

Controlados os lumes que afectaron 1.700h de Ribas de Sil, Quiroga e Pobra do Brollón

O principal comezou o luns e calcinou case 1.600 hectáreas.

Publicado o

- Advertisement -

Os incendios forestais declarados no municipio lucense de Ribas de Sil, que afectaron a unha superficie de máis de 1.700 hectáreas, foron controlados, en parte ao gran dispositivo despregado e, en parte, grazas a chuvia miúda que caeu nos últimos días.

Segundo detalla a Consellería do Medio Rural no último balance emitido, o lume declarado na parroquia de Ribas de Sil do municipio homónimo foi dado por controlado ás 21,00 horas deste mércores.

De acordo coas últimas medicións, a superficie afectada por este incendio, que tamén afecta os municipios de Quiroga e A Pobra do Brollón, rolda as 1.580 hectáreas.

Ata o momento, mobilizáronse 15 técnicos, 46 axentes, 112 brigadas, 51 motobombas, cinco pas, oito avións e 14 helicópteros para controlar as chamas, ademais de medios e persoal da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

En concreto, o que representou o lume máis voraz da tempada en Galicia iniciouse pouco antes das 13,00 horas do luns. A proximidade das chamas ás casas levou á Xunta a decretar a situación 2 de emerxencia, que foi desactivada na tarde do martes, cando se estabilizou.

Así mesmo, pasadas as 21,00 horas deste mércores, deuse por controlado o lume iniciado na noite do domingo na parroquia de Nogueira do municipio de Ribas de Sil. Segundo as últimas estimacións, afectou a unha superficie de 140 hectáreas.

As tarefas de extinción deste segundo lume contaron coa participación de seis técnicos, 20 axentes, 44 brigadas, 29 motobombas, cinco pas, sete avións e seis helicópteros ata o momento.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...